RUTAS DE SENDEIRISMO!!
O alumnado de 3º, 4º e 5º de E.P realizou varias rutas de sendeirismo para coñecer a contorna máis próxima e descubrir algunhas das lendas que agochan este máxicos lugares.
*3º de E.P: o día 8 de outubro tiveron unha andaina de 7 km ata o castro Lupario , pasando polo Xardín do Recordo e polo Pazo do Faramello.
Descubriron a lenda da raíña Lupa !!
*4º de E.P: o día 15 de otubro levaron a cabo unha andaina de 9 km chegando ao parque do santo Arandel onde coñeceron a lenda de como se produciu a romaría do santo Arandel que está moi relacionada coa lenda do Castro Lupario...
*5º de E.P: o 28 de outubro fixeron unha andaina de 10Km ,dende a ponte romana de Pontevea (Teo) ata o Xirimbao.
Descubriron a lenda de Pepa a loba e a da ponte do Xirimbao!!!
Moitas grazas á profe de E.Física , Alicia, por levarnos a todas estas experiencias !!



No hay comentarios:
Publicar un comentario