domingo, 23 de noviembre de 2025
jueves, 20 de noviembre de 2025
miércoles, 12 de noviembre de 2025
viernes, 31 de octubre de 2025
O SAMAÍN ten a súa orixe nas tradicións celtas. "Samhain" significa " fin do verán" e neste sentido, os celtas celebraban o final do verán e das colleitas.
Esta celebración coincide co 31 de outubro e o 1 de novembro e ten un pasado milenario, moito máis antigo que o "Halloween".É a noite máis espeluznante do ano onde hai cabazas, vampiros, morcegos, bruxas, pantasmas, monstros... Únese o mundo dos vivos co dos defuntos.
En Galicia, o Samaín , dende fai uns anos, foi obxecto dun proceso de recuperación e reivindicación.
Un ano máis, o noso cole celebrou o Samaín cunha fantástica exposición de cabazas cheas de maxia, humor e moita creatividade.
As familias colaboraron decorando cabazas de todas as formas e estilos: pantasmas, monstros, astronautas, bruxas, planetas e moitas outras ideas orixinais que deixaron a todos abraiados.
O resultado foi un auténtico universo de imaxinación e cores, que encheu os corredores do Agro do Muíño dun ambiente festivo e moi especial.
Grazas a todas as familias pola vosa implicación e entusiasmo!
E , a tarde unha gran festa coas familias, alumnado e profesorado compartindo unha xornada chea de maxia ,música, disfraces e moita diversión, coa inestimable colaboración da ANPA !!!
martes, 21 de octubre de 2025
sábado, 18 de octubre de 2025
viernes, 10 de octubre de 2025
O MILLO E AS ESFOLLADAS !!!
O ALUMNADO DE 6º DE E.INFANTIL RETOMA UNHAS DAS TRADICIÓNS DE OUTONO MÁIS IMPORTANTES EN GALICIA: A COLLEITA E ESFOLLADA DO MILLO.
TROUXERON ESPIGAS DE DIFERENTES TIPOS DAS CASAS, ESFOLLARON. DEBULLARON, LEVARON OS GRAN A MOER E, COA FARIÑA FIXERON PAN DE MILLO !!!
AQUÍ PODEDES VER QUE SI PAN DE MILLO VAS MERENDAR... MOITO É O TRABALLO QUE HAI DETRÁS !!
viernes, 19 de septiembre de 2025
sábado, 21 de junio de 2025
O xoves 19, todo o centro fixo unha camiñata á carballeira de Ortoño onde o alumnado de 5º e 6º de E.P acompañou ao alumnado de E. Infantil.
Desfrutar dunha xornada de convivencia moi festeira con moitas actuacións : pandeiretas, muiñeiras, xotas, guitarrista, .... e ata baile do profesorado, onde a cultura e as tradicións galegas estiveron moi presentes...
Aquí deixamos unha mostra do ben que o pasamos!
jueves, 19 de junio de 2025
A SEREÍÑA ARIEL, A HEROÍNA DOS OCÉANOS"
O pasado 16 e 18 de xuño, o alumnado de 6ºde E.P representou para todo o centro e para as súas familias ( no acto de despedida de primaria que se levou a cabo na casa da Cultura de Bertamiráns) un musical que trata o tema da contaminación dos océanos e a necesidade de que a humanidade se una para buscar solucións a este problema para a vida mariña e submarina. Así mesmo, a heroína é unha muller. Rómpese deste xeito co estereotipo de que a muller é a débil e debe ser salvada. A educación física, abarca a maioría dos contidos da materia con esta obra. Realízanse actividades de mimo, expresión dramática, danza con distintas coreografías, ximnasia, acrosport...
Parabéns aos artistas e as profes de E. Física polo seu traballo, foi un éxito !!


















