martes, 10 de noviembre de 2026

 


O Magosto é unha celebración de orixe celta que forma parte da cultura galega. nela celébrase a chegada dos froitos de outono.
A pesar de que non ten unha data  concreta para celebrar, sóese facer entre o día de Santos ( 1 de novembro) e o día de San Martiño (11 de novembro).
Os principais elementos desta festa son o lume e as castañas.

O alumnado de 6º de E:P ensinou ao alumnado de E:infantil o que son os trompos e como se bailan !!


"POLO  SAN  MARTIÑOTROMPOS AO CAMIÑO! "

O  xoves, 12 de novembro, celebraremos un gran MAGOSTO  NO AGRO donde non faltarán as castañas, os xogos tradicionais e unha gran foliada !!

miércoles, 4 de noviembre de 2026

 

Cada 3 de novembro, por ser  a data do nacemento de Xosé  Neira  Vilas, en galicia , celebramos o DÍA DA LECTURA co obxectivo de honrar a súa figura , poñer en valor a literatura galega e fomentar o hábito da lectura, especialmente en galego.

No Agro do Muíño fixéronse diversas actividades de animación á lectura sobre a obra de Xosé Neira Vilas.

Aquí vos deixamos unha mostra delas...

*O alumnado de infantil leeu e traballou o 1º capítulo da obra " A Marela Tarabela"


 

*O alumnado de 2º de E.P traballou un fragmento da obra : "O espantallo amigo":

   
* O alumnado de 6º de E.P leeu e traballou a obra : " O cabaliño de buxo":

 
 

lunes, 2 de noviembre de 2026


O Mes da Ciencia en Galego celébrase durante todo o mes de novembro de 2026 en centros educativos.

  Fomenta o interese pola ciencia e a tecnoloxía ao tempo que reivindica o galego como unha lingua válida para a divulgación e a aprendizaxe científica.
Este ano , é o Ano Internacional da Agricultura.
Dende o E.D.L.G , a biblioteca de centro e o equipo de Voz Natura , levaranse a cabo actividades prácticas , creativas e participativas ao longo de todo o mes, das cales iremos deixando constancia.

*O E.D.L.G preparou para a entrada principal do centro o mural conmemorativo:


*O alumnado de 3º de E.P participou na conferencia de Igaciencia do día 4 de novembro impartida por Dr. Francisco  Díaz-Fierros Viqueira baixo o título "Auga para todos. A seca non cesa".


*O alumnado de 6º de E.I e 6º de E.P participa o 13 de novembro no Certame Internacional de Cinema Miúdo que, este ano 2026, toma como temática transversal a CIENCIA.


 

 

*O alumnado de 4º de E.P fixo un obradoiro de experimentos cos sentidos :