jueves, 18 de junio de 2026


O mércores, 17 de xuño, a Casa da Cultura de Bertamiráns converteuse no escenario dunha tarde chea de emocións coa representación de O Principiño por parte do alumnado de 6º de Primaria.

Inspirada no noso PDI Agronautas en órbita, esta adaptación permitiulles compartir coas súas familias o resultado de meses de traballo, ensaios, aprendizaxes e ilusión. Música, danza, expresión dramática e acrosport uníronse para dar vida a unha historia que fala da amizade, dos soños e da importancia de mirar máis alá do visible.

Esta actuación serviu tamén como unha fermosa despedida da súa etapa no CEIP Agro do Muíño, pechando un capítulo cheo de experiencias, recordos e momentos compartidos.

Moitísimas grazas a Alicia polo seu traballo, dedicación e compromiso ao longo destes cursos, facendo posible unha despedida tan especial para o noso alumnado.

Moita sorte nesta nova etapa que está a piques de comezar.

A voar, rapazada!

Aquí vos deixamos un video mostra do que alí vivimos... un auténtico espectáculo !!!


O xoves 18, repetiron o espectáculo para todo o alumnado do centro !!!


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario