viernes, 12 de abril de 2024

LETRAS GALEGAS: RECURSOS

 SEMINARIO GALÁN- A CORUÑA

  CRONOLOXÍA    (Prema) 

  ACTIVID. EN LIÑ(Prema) 

  ACTIVID. EN PAPEL(Prema) 

FOTOS(Prema) 

OBRAS(Prema) 

                    

    Prema na imaxe.

LETRAS GALEGAS 2024 - LUÍSA VILLALTA -

 


Como xa sabedes este ano adícase o Día das Letras Galegas a Luísa Villalta, escritora, violinista e profesora.

Firme defensora da língua como piar da nosa identidade e comprometida con todos os colectivos que loitan a traballan pola dignidade do pobo galego. Foi unha autora que renovou  as nosas letras ao explorar a relación entre a música e a literatura e facernos   " pensar ao mundo".

MODO GALEGO: ACTÍVAO


 Este ano continuaremos con este proxecto que comezou o curso pasado.

O Seminario de Sociolingüística xa está a traballar na programación das actividades para os 21 días de compromiso lingüístico do Modo galego, actívao.

Datas: do 13 de maio ao 3 de xuño.

lunes, 1 de abril de 2024

ENRAÍZATE NA IGUALDADE - 8 de MARZO -

 

O alumnado do 2º ciclo foi este curso o encargado de traballar este día  8 MARZO.

Premade na imaxe para ver o seu bo facer.

jueves, 22 de febrero de 2024

DÍA DE ROSALÍA ( 23 febreiro)

 


Ao longo  de toda a semana estivemos realizando actividades sobre a nosa poetisa Rosalía de Castro, vinculada ao Concello de Ames. Entre elas:




O XARDÍN DE ROSALÍA 

O alumnado de Ed. Infantil plantou os pensamentos, flor preferida de Rosalía, no xardín que leva o seu nome. Tamén fixeron o mural adicado a nosa autora.



ESTUDO DO SEU HERBARIO

Decorouse unha zona con poemas onde aparecen nomes de flores e árbores e a representación gráfica destes.




DIÁLOGOS TEATRALIZADOS sobre o xardín de Rosalía que se representarán tanto no centro como na Gala do Concello.

Aquí deixamos unha  mostra.

,

miércoles, 21 de febrero de 2024

RECURSOS PARA O DÍA DE ROSALÍA

 








Prema na imaxe para atopar recursos para o Día de Rosalía. Recursos de varios centros e recompilados por Anabel no Recuncho das fadas.

sábado, 17 de febrero de 2024

DÍA DE ROSALÍA- 23 febreiro

 

Esta é a programación dende o Concello de Ames.

LUXO NO LIXO.- É unha intervención urbana ao aire libre, utilizando como soporte as papeleiras e colectores do lixo
Nos centros educativos comezamos por pegar os vinilos coa silueta de Rosalía cunha escolma dos seus versos nas papeleiras. 
O obxectivo é dobre:
- Xerar impacto sobre a figura de Rosalía de Castro.
- Poñer en valor o coidado do medio, a través da visibilización das papeleiras.

GALA HOMENAXE A ROSALÍA.-  Farase o venres 23 de febreiro na Aula de cultura de Bertamiráns.
Cada centro educativo aportará o seu graíño para que entre todos teñamos un bo espectáculo.

.





martes, 6 de febrero de 2024

ENTROIDO (8 febreiro)

 



O venres 8 de febreiro celebramos o Entroido no cole. Foi unha xornada de portas abertas e as familias poideron disfrutar e ver como os seus nen@s se divertían.

Encheuse o noso pabillón de vida animal e vexetal.

Prema na imaxe


 


miércoles, 31 de enero de 2024

DÍA DA PAZ (30 xaneiro)

 Para celebrar o día da PAZ no Ceip Agro do Muíño fixemos unha árbore dos desexos pola paz ambiental.

CONCURSO POSTAIS DE NADAL

 Como todos os anos houbo o Concurso de Postais do Nadal. Pincha na imaxe para coñecer os gañadores.