miércoles, 18 de diciembre de 2019

EDLG CURSO 2019- 20



 
Pretendemos a través deste blogue contribuír ao fomento da lingua galega na comunidade educativa e no contorno social.

lunes, 13 de mayo de 2019

LETRAS GALEGAS 2019

   
Preme na imaxe e poderás acceder á unidade didáctica de Antón Fraguas para todos os niveis.

MURAL LETRAS GALEGAS 2019


ACTIVIDADE 1.-  CAMIÑO DE VERSOS.  (FAI CLIC PARA VER AS FOTOS)

Os alumnos do noso centro fixeron unhas lasas ilustradas de poesía galega, xunto cos outros centros do concello de Ames. Fomos a colocalas no paseo fluvial este luns 13 de maio.
Si queres ver unhas imaxes prema en actividade 1.

ACTIVIDADE 2.-  CERTAME  LITERARIO  INTERCENTROS  CONCELLO DE AMES

O Ceip Agro do Muíño acadou tres premios.
1ª Categoría:
3º premio Mateo e Marcos 4º C
2ª Categoría:
1º premio Noa de Blas 6º A
3º premio Candela Vázquez 6º B

ACTIVIDADE 3.                 FESTIVAL  LETRAS GALEGAS


   O día 16 de maio celebramos toda a Comunidade educativa o Festival  das Letras Galegas. Comezaron os actos ás 11 da mañá co seguinte programa::
  • RECITADO DO POEMA "O PIOLLO E A PULGA" DE ANTONIO FRAGUAS ALUMNADO DE 2º DE PRIMARIA.
  • TEATRO ED. INFANTIL. CARAPUCHIÑA VERMELLA E OUTROS CONTOS (ADAPTACIÓN MERCEDES MOURE)


                                                          Presentación


Canción: " A vella tiña un gato"

Himno galego
Representación " Carapuchiña vermella"




viernes, 3 de mayo de 2019

O MEU MUNDO É

Resultado de imagen de o galego

Preme na imaxe para ver un video dos nosos alumnos de 4º promocionando a nosa língua

jueves, 21 de febrero de 2019

GALA DE ROSALÍA

O 24 de febreiro na Casa da Cultura de Bertamiráns terá lugar A Gala- Homenaxe a Rosalía. O Ceip Agro do Muíño contribuirá  con un recitado de un poema de Rosalía " Quíxenche tanto meniña" e unha actuación con un poema de Luis Pimentel dedicado a Rosalía.
 

Si queredes ver algun recitado de poemas facede click nos videos:
VIDEO 1VIDEO 2VIDEO 3

miércoles, 6 de febrero de 2019

DÍA DE ROSALÍA- 24 febreiro -

 Rosalía de Castro, foi  unha gran escritora en prosa e verso.
 Era unha muller comprometida coa época na que viviu,  a través dos seus escritos denunciou os problemas aos que estaba sometida a muller do Siglo XIX.

Estamos preparando esta celebración. Xa vos imos contando.

miércoles, 23 de enero de 2019

XOGAMOS COAS PALABRAS NO AGRO DO MUÍÑO



Queremos aumentar o vocabulario en galego do noso alumnado. Este luns empezamos unha nova actividade:
Cada semana aparecerán na cortiza do EDLG tres definicións e os alumnos terán que adiviñar de que palabras se tratan. Así que o fagan os seus titores traballarán con elas durante toda a semana e así sucesivamente ata que se termine o abecedario e se faga o seguinte.
Comezamos con este: A.- Aloumiño B.- Bagoas C.- Coxegas D.- Decotío E.- Enxebre F.- Folerpa
G.- Galopín H.- Harmónica I.- Isca L.- Lóstrego M.- Meigallo N.- Nocello Ñ.- Carantoña O.- Olleiras
P.- Pedrazo Q.- Quincalla R.- Reirrei S.- Serán T.- Tixola U.- Ulir V.- Vacaloura X.-  Xato Z.- Zoco

Intentádeo vos. Aí van as tres primeiras definicións.

1.- Utensilio de cociña, metálico, de forma redonda, pouco fondo e mango largo no que se friten os alimentos.
2.- Que comete pequenos enganos ou fraudes co habilidade e sen malicia.
3.- Acción máxica que provoca algún acontecemento ou certos efectos nunha persoa, nun animal, etc, polo xeral negativos.

ERROS LÉXICOS FRECUENTES

   http://www.usc.es/gl/servizos/snl/asesoramento/dubidas/glosario/ijk.html

PORQUE, POR QUE E PORQUÉ

Resultado de imagen de INTERROGANTES