Os días 15 e 17 de outubro, o alumnado de 4º e 5º de E.P visitou a exposición
"Castelao. Mirar por Galicia" no Museo Centro Gaiás onde se homenaxea e destaca a figura e obra de Castelao no 75 aniversario da súa morte.
Descubriron o percorrido persoal, literario, artístico e político dunha das figuras máis destacadas da historia de Galicia.
Toda unha experiencia inmersiva que combina intelixencia artificial, hologramas, videoproxeccións e realidade virtual para articular un relato que nos traslada unha visión innovadora da vida, aportacións e universo artístico de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
No hay comentarios:
Publicar un comentario