O día 23 de febreiro, celebramos o "Día de Rosalía", nacida en Santiago de Compostela (1837-1885), e que pasou os primeiros anos de vida aquí en Ortoño, coas súas tías.
É a escritora galega máis recoñecida a nivel mundial tanto pola súa poesía como polas súas novelas.
No noso centro, o luns 24 de febreiro, fixemos un acto na súa honra !
Nas aulas traballamos a figura desta gran escritora a través de diferentes actividades ...
E ademais, pola tarde, o alumnado de 5º e 6º de E.P participou na "Gala de Rosalía" que organiza o Concello de Ames.
Nesta Gala participaron todos os centros educativos de Ames, a asociación cultural de Bugallido, Anxo Angueira, Uxía Senlle e Santi Cribeiro, Xabier Estévez,...
Foi unha Gala moi fermosa donde se homenaxeou por todo o alto a figura da nosa Rosalía de Castro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario