viernes, 31 de octubre de 2025

 


O  SAMAÍN  ten a súa orixe  nas tradicións celtas. "Samhain" significa " fin do verán" e neste sentido, os celtas celebraban o final do verán e das colleitas.

Esta celebración coincide co 31 de outubro e o 1 de novembro e ten un pasado milenario, moito máis antigo que o "Halloween".É a noite máis espeluznante do ano onde hai cabazas, vampiros, morcegos, bruxas, pantasmas, monstros... Únese o mundo dos vivos co dos defuntos.

En Galicia, o Samaín , dende fai uns anos, foi obxecto dun proceso de recuperación e reivindicación.

Un ano máis, o noso cole celebrou o Samaín cunha fantástica exposición de cabazas cheas de maxia, humor e moita creatividade. 

As familias colaboraron decorando cabazas de todas as formas e estilos: pantasmas, monstros, astronautas, bruxas, planetas e moitas outras ideas orixinais que deixaron a todos abraiados.

O resultado foi un auténtico universo de imaxinación e cores, que encheu os corredores do Agro do Muíño dun ambiente festivo e moi especial.

Grazas a todas as familias pola vosa implicación e entusiasmo!



E , a tarde  unha gran festa coas familias, alumnado e profesorado compartindo unha xornada chea de maxia ,música, disfraces e moita diversión, coa inestimable  colaboración da ANPA  !!!








martes, 21 de octubre de 2025

 


O alumnado  de 4º e 5º de E.P participou nun obradoiro sobre plantas  invasoras en Galicia ,  organizado pola asociación AMABUL dentro do programa  Aula Ambiental Ulla+25.
Aprenderon que estas especies son un perigo para a nosa boidiversidade.




sábado, 18 de octubre de 2025

 


Os días 15 e 17 de outubro, o alumnado de 4º e 5º de E.P  visitou  a exposición
  "Castelao. Mirar por Galicia" no Museo  Centro Gaiás onde se homenaxea e destaca a figura e obra de Castelao no 75 aniversario da súa morte.
Descubriron o percorrido persoal, literario, artístico e político dunha das figuras máis destacadas da historia de Galicia. 
Toda unha experiencia inmersiva que combina intelixencia artificial, hologramas, videoproxeccións e realidade virtual para articular un relato que nos traslada unha visión innovadora da vida, aportacións e universo artístico de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.






viernes, 10 de octubre de 2025

 


O  MILLO E AS ESFOLLADAS !!!

O ALUMNADO DE 6º DE E.INFANTIL RETOMA UNHAS DAS TRADICIÓNS DE OUTONO MÁIS IMPORTANTES EN GALICIA: A COLLEITA E ESFOLLADA DO MILLO.

TROUXERON ESPIGAS DE DIFERENTES TIPOS DAS CASAS, ESFOLLARON. DEBULLARON, LEVARON OS GRAN A MOER E, COA FARIÑA FIXERON PAN DE MILLO !!!

AQUÍ PODEDES VER QUE SI PAN DE MILLO VAS MERENDAR... MOITO É O TRABALLO QUE HAI DETRÁS !!




 

viernes, 19 de septiembre de 2025


BENVID@S  AO  BLOG DO E.D.L.G DO CURSO 2025-26 !!

O PROXECTO  DESTE CURSO  LEVA  POR  TÍTULO:

"CO  GALEGO  ATA  A  LÚA "

O OBXECTIVO  PRIORITARIO  DO EQUIPO SERÁ PROMOVER E POTENCIAR O USO DO GALEGO EN TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA E, ESPECIALMENTE ENTRE O ALUMNADO  PARA GARANTIR  UNHA BOA COMPETENCIA LINGÜÍSTICA .
TRATAREMOS DE ELIMINAR  OS PREXUÍZOS CARA O GALEGO FACÉNDOLLES VER QUE A NOSA LINGUA É TAN VÁLIDA COMO CALQUERA OUTRA E DEMOSTRAR QUE NOS PODEMOS RELACIONAR CO MUNDO SEN RENUNCIAR AO GALEGO  MESMO  CHEGAR CON EL " ATA A LÚA".

 

sábado, 21 de junio de 2025


 O  xoves 19, todo o centro fixo unha camiñata á carballeira de Ortoño onde o alumnado de 5º e 6º de E.P acompañou ao alumnado de E. Infantil.

Desfrutar dunha xornada de convivencia moi festeira   con moitas actuacións : pandeiretas, muiñeiras, xotas, guitarrista, .... e ata baile do profesorado, onde a cultura e as tradicións galegas estiveron moi presentes...

Aquí deixamos unha mostra do ben que o pasamos!





jueves, 19 de junio de 2025

A SEREÍÑA ARIEL, A HEROÍNA DOS OCÉANOS"



O pasado 16 e 18 de xuño, o alumnado de 6ºde E.P representou para todo o centro e para as súas familias ( no acto de despedida de primaria que se levou a cabo na casa da Cultura de Bertamiráns)  un  musical que trata o tema da contaminación dos océanos e a necesidade de que a humanidade se una para buscar solucións a este problema para a vida mariña e submarina. Así mesmo, a heroína é unha muller. Rómpese deste xeito co estereotipo de que  a muller é a débil e debe ser salvada. A educación física, abarca a maioría dos contidos da materia con esta obra. Realízanse actividades de mimo, expresión dramática, danza con distintas coreografías, ximnasia, acrosport... 

     Parabéns aos artistas e as profes de E. Física polo seu traballo, foi un éxito !!


jueves, 12 de junio de 2025

Hoxe tivemos sesión de teatro no cole!!!
O alumnado de 3º de E.Primaria presentou " O neno perdido" e o alumnado de 6º de E.P  "O Barcarola", dúas adaptacións dos libros de Xelís de Toro e de Eduardo Rojas Rebolledo.
A estrea foi todo un éxito , parabéns para os artistas!!!

Aquí podedes ver un fragmento da posta en escea...










 

miércoles, 11 de junio de 2025

O vindeiro sábado , 14 de xuño, na Casa da Cultura do Milladoiro terá lugar, ás 12:30h a Gala de Entrega de Premios do XXII certame Literario do Concello de Ames.
Felicitamos á alumna de 6ºE.Primaria, Iria Martínez Mosquera por acadar o 1º Premio na categoría 1, moitos parabéns !!! 


                                        

sábado, 17 de mayo de 2025

 


17 de maio, celebramos o Día das Letras Galegas , recordando que,  tal día como ese, en 1863, publicouse o primeiro exemplar da obra "Cantares Gallegos"  , de Rosalía de Castro, que marcaría o inicio do "Rexurdimento" o renacemento cultural de Galicia.

 Este ano 2025  está dedicado á poesía popular oral. Ás cantareiras personificado en Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda, Eva Castiñeira Santos, de Muxía, e Manuela Lema, Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes estas catro das Pandeireteiras de Mens (Malpica).

No noso centro tivemos unha semana cultura chea de actividades tal e como podedes ver neste video:



E, ademais, moitos foron os cantares sementados no Agro...

EN E. INFANTIL...



EN E. PRIMARIA!


ENTREVISTAMOS A CARMEN LIÑARES, UNHA CANTAREIRA E PANDEIRETEIRA DA NOSA ZONA !


" A LINGUA NON MORRE SE O POBO A FALA!"