viernes, 19 de septiembre de 2025


BENVID@S  AO  BLOG DO E.D.L.G DO CURSO 2025-26 !!

O PROXECTO  DESTE CURSO  LEVA  POR  TÍTULO:

"CO  GALEGO  ATA  A  LÚA "

O OBXECTIVO  PRIORITARIO  DO EQUIPO SERÁ PROMOVER E POTENCIAR O USO DO GALEGO EN TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA E, ESPECIALMENTE ENTRE O ALUMNADO  PARA GARANTIR  UNHA BOA COMPETENCIA LINGÜÍSTICA .
TRATAREMOS DE ELIMINAR  OS PREXUÍZOS CARA O GALEGO FACÉNDOLLES VER QUE A NOSA LINGUA É TAN VÁLIDA COMO CALQUERA OUTRA E DEMOSTRAR QUE NOS PODEMOS RELACIONAR CO MUNDO SEN RENUNCIAR AO GALEGO  MESMO  CHEGAR CON EL " ATA A LÚA".

 

sábado, 21 de junio de 2025


 O  xoves 19, todo o centro fixo unha camiñata á carballeira de Ortoño onde o alumnado de 5º e 6º de E.P acompañou ao alumnado de E. Infantil.

Desfrutar dunha xornada de convivencia moi festeira   con moitas actuacións : pandeiretas, muiñeiras, xotas, guitarrista, .... e ata baile do profesorado, onde a cultura e as tradicións galegas estiveron moi presentes...

Aquí deixamos unha mostra do ben que o pasamos!





jueves, 19 de junio de 2025

A SEREÍÑA ARIEL, A HEROÍNA DOS OCÉANOS"



O pasado 16 e 18 de xuño, o alumnado de 6ºde E.P representou para todo o centro e para as súas familias ( no acto de despedida de primaria que se levou a cabo na casa da Cultura de Bertamiráns)  un  musical que trata o tema da contaminación dos océanos e a necesidade de que a humanidade se una para buscar solucións a este problema para a vida mariña e submarina. Así mesmo, a heroína é unha muller. Rómpese deste xeito co estereotipo de que  a muller é a débil e debe ser salvada. A educación física, abarca a maioría dos contidos da materia con esta obra. Realízanse actividades de mimo, expresión dramática, danza con distintas coreografías, ximnasia, acrosport... 

     Parabéns aos artistas e as profes de E. Física polo seu traballo, foi un éxito !!


jueves, 12 de junio de 2025

Hoxe tivemos sesión de teatro no cole!!!
O alumnado de 3º de E.Primaria presentou " O neno perdido" e o alumnado de 6º de E.P  "O Barcarola", dúas adaptacións dos libros de Xelís de Toro e de Eduardo Rojas Rebolledo.
A estrea foi todo un éxito , parabéns para os artistas!!!

Aquí podedes ver un fragmento da posta en escea...










 

miércoles, 11 de junio de 2025

O vindeiro sábado , 14 de xuño, na Casa da Cultura do Milladoiro terá lugar, ás 12:30h a Gala de Entrega de Premios do XXII certame Literario do Concello de Ames.
Felicitamos á alumna de 6ºE.Primaria, Iria Martínez Mosquera por acadar o 1º Premio na categoría 1, moitos parabéns !!! 


                                        

sábado, 17 de mayo de 2025

 


17 de maio, celebramos o Día das Letras Galegas , recordando que,  tal día como ese, en 1863, publicouse o primeiro exemplar da obra "Cantares Gallegos"  , de Rosalía de Castro, que marcaría o inicio do "Rexurdimento" o renacemento cultural de Galicia.

 Este ano 2025  está dedicado á poesía popular oral. Ás cantareiras personificado en Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda, Eva Castiñeira Santos, de Muxía, e Manuela Lema, Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes estas catro das Pandeireteiras de Mens (Malpica).

No noso centro tivemos unha semana cultura chea de actividades tal e como podedes ver neste video:



E, ademais, moitos foron os cantares sementados no Agro...

EN E. INFANTIL...



EN E. PRIMARIA!


ENTREVISTAMOS A CARMEN LIÑARES, UNHA CANTAREIRA E PANDEIRETEIRA DA NOSA ZONA !


" A LINGUA NON MORRE SE O POBO A FALA!"












jueves, 8 de mayo de 2025


"CORRELINGUA" cumple 25 anos e, un ano máis, esta actividade que desenvolven a Mesa pola Normalización Lingúística, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega e a CIG-Ensino  percorre Galicia para que a nosa lingua se manteña viva entre a cativada e a mocidade galega.
Hoxe 8 de maio, arredor de 1400 estudantes de 17 centros da zona de Santiago defenderon con fachenda e alegría  a lingua galega polas rúas da zona vella de Santiago.
A festa final tivo lugar no palco da música Alameda, amenizada por  Isabel Risco.


O alumnado de 1º de E.P do noso centro, participou esta mañá nesta actividade lúdico-reinvindicativa .




 

 

viernes, 2 de mayo de 2025




Os  maios son unha festa de tradición popular moi antiga en Galicia ( sobre todo en Ourense e Pontevedra). A súa orixe remóntase ás civilizacións prerromanas.
Coa exaltación da Natureza, conmemoramos a chegada definitiva da primavera e o final do cru inverno.
O alumnado de E. Infantil elaborou dous fermosos maios con xestas, fiuncho, fieitos, pampullos, estalotes, cartuchos, carrabouxos... que eles mesmos recolleron coa colaboración das familias.

Neste video podedes ver como os elaboraron e como lle cantaron !




O Día Internacional contra o acoso escolar  conmemórase o 2 de maio, este día no C.E.I.P Agro do Muíño, dedicámolo a sensibilizar sobre o acoso escolar e a promover a prevención e o  apoio ás víctimas xa que este é un grave problema que afecta a millóns de escolares en todo o mundo e que causa unhas 200 mortes cada ano...
No centro , dende o curso pasado, hai colocado  un punto laranxa que funciona como un buzón no que o alumnado, dende o absoluto anonimato, pode trasladar situacións de acoso propias ou que perciban en terceiros.



Este buzón está xestionado  polo coordinador de benestar emocional e convivencia e a especialista de AL do centro. Deste xeito, o alumnado conta cun equipo de referencia ao que dirixirse  en caso de que o precise.

Ademais deste punto laranxa nas instalacións do centro (formato físico) contamos con outro  virtual a través da nosa páxina web .

Debemos lembrar que: o acoso escolar ou "bullying", é unha forma de violencia ou maltrato que un estudiante ou grupo de estudiantes exerce sobre outro ou varios, de forma repetitiva e coa intención de causar dano físico ou psicolóxico. Este maltrato pode manifestarse de diversas formas, incluíndo agresións físicas, verbais, psicolóxicas ou sociais.


O C.E.I.P Agro do Muíño reivindica a tolerancia “cero” ante calquera conducta contraria á convivencia 


 

miércoles, 30 de abril de 2025


 Abril é  un mes especial para os amantes dos libros. Cada ano  conmemóranse dúas datas trascendentais para as letras e a cultura: o 2 de abril celébrase o "Día Internacional do libro infantil e xuvenil" en conmemoración do nacemento do escritor Hans Christian Andersen e, o 23 de abril o "Día internacional do libro" para conmemorar a morte de 3 grandes escritores: Miguel de Cervantes, Willian Shakespeare e Garcilaso de la Vega.

No C.E.I.P Agro do Muíño leváronse a cabo diversas actividades para conmemorar estas datas.