viernes, 31 de enero de 2025

 RETO 9: Moi preto de nós viven toda clase de animais. Hainos grandes, pequenos, con pelo, plumas, cornos, rabo, con catro patas, dúas… ningunha. Todos diferentes e especiais, todos marabillosos. 

E seguimos coas palabras… Hai moita xente que busca nomes para os seus animais e por moito que procuramos atopamos varios libros de nomes para persoas, pero non demos con ningún para animais. Facémolo entre todos e todas?

O reto de hoxe consistía en  escoller dous animais que vos gusten moito e buscarlles un nome galego. 



jueves, 30 de enero de 2025

 RETO 8: A xente da Real Academia Galega sempre anda na procura de palabras novas para agrandar o noso dicionario. Axudámoslles?

O reto de hoxe foi  inventar unha definición divertida para unha palabra que xa existe ou inventar palabras novas graciosas.



miércoles, 29 de enero de 2025

 RETO 7:  Por moitas voltas que dea o mundo, a nosa lingua non se traba, por iso fomos quen de crear unha chea de trabalinguas ben xeitosos cos que podemos exercitar a lingua e botar unhas risas.

O reto de hoxe foi  traer aprendido un trabalinguas e compartilo co resto da aula. Tamén se podían traer as máis orixinais e divertidas adiviñas.









 RETO 6: Lembrádesvos da cor da lingua? Hoxe vai un reto ben vistoso para que o mundo enteiro saiba que temos lingua propia e que non imos permitir que ninguén no la roube. 

O reto de hoxe foi traer unha, varias ou todas as uñas de COR AZUL (para poñelas azuis poidemos utilizar esmalte, rotuladores, gomets…)


martes, 28 de enero de 2025

 RETO 5: Que ben sería poder termos todas as series que nos gustan en galego ou os cinemas cheos de propostas atractivas na nosa lingua. Pouco a pouco habémolo de ir logrando...



viernes, 24 de enero de 2025

 RETO 4:

"Mil e un instrumentos!" O reto de hoxe consistiu en traer un instrumento ou un obxecto calquera que sirva para facer música e crear unha banda na clase tocando o noso instrumento ou facendo un desfile.


1º parte: 



2º parte:






jueves, 23 de enero de 2025

 RETO 3:

Seguro que xa sabedes que temos un mundo de música de tos os estilos e para todos os gustos e a todos e todas nos presta bailar e cantar... Pois o reto de hoxe consistiu en que a xente valente se anime a cantar un anaquiño dunha canción en galego.






Uns auténticos artistas !!!

miércoles, 22 de enero de 2025

 RETO 2:

Que bonito é soñar, sabedes que se pode soñar espertos?

Pois o reto deste día foi contar á clase un soño ou contar cal é o noso obxecto favorito e por que é especial.

Aquí podedes ver cales son os soños e obxectos preferidos do máis pequenos!



martes, 21 de enero de 2025

 RETO 1Seica para gustos se pintaron cores, pero o que é indiscutible é que en Galicia temos as cores máis fermosas do mundo. O verde da herba, o dourado da area, o alaranxado do solpor...

E a lingua?? Fíxose un estudo no que participou moita xente e maioritariamente acordaron que a lingua debía ser da mesma cor ca o mar, ca o ceo ou ca o río Miño que atravesa o noso país, AZUL.

Entón o reto  de hoxe foi traer  unha peza de roupa de COR AZUL. 


Así amosámoslle ao mundo a fachenda de termos lingua propia !

lunes, 20 de enero de 2025

 O luns 20 de xaneiro comenzamos co "Modo galego, actívao" , negociamos o acordo de compromiso lingüístico  coas recompensas e asinamos o compromiso para as tres semanas.



O alumnado de Agro do Muíño comprometouse, case ao 100% ao nivel máximo!!!