ACHÉGASE O NADAL !!!

ACHÉGASE O NADAL !!!

Beli, a auxiliar técnico educativa do noso centro, contoulles ao alumnado de 5º de E.Infantil o conto de " Por catro esquiniñas de nada" . Un conto de apariencia moi simple e cunha gran lección...De maneira indirecta fala da integración, de respecto do diferente, de cambio de perspectiva, de como a amizade atopa solucións...
Tamén se elaborou un mural conmemorativo sobre diversidade funcional.
O LEMA DESTE ANO DO NOSO CENTRO É ...
Cada 20 de novembro conmemoramos o DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA coa finalidade de contribuír a facer que os dereitos d@s nen@s sexan unha realidade en todos os países do mundo.
Este ano, o alumnado de E. Infantil foi o encargado desta conmemoración e elaboraron un fermoso mural no corredor do centro cos dereitos da infancia.
Ademais, dende a Asociación Galega de familias de acollida, convídanos cada ano a conmemorar este día propoñéndonos que veñamos ao cole en pixama ou cun obxecto significativo da infancia: peluche, chupete, mantiña... Isto é para representar o momento de intimidade familiara da hora de durmir, nun fogar calquera.
Con esta iniciativa preténdese facer énfase na importancia do acollemento familiar para garantir o dereito a vivir a familia d@s nen@s... que os que viven en centros non teñen cumprido.
O alumnado de 6º de E.P participou neste certame literario promovido por “La Voz de Galicia" e o concello de Dumbría para colexios ao longo do camiño de Fisterra a Muxía.
Váker é un monstruo devorador de peregrinos que se atopa en Dumbría onde o Camiño de Santiago atravesa paraxes de encomparable beleza, bañados polo río Xallas e levados á súa máxima expresión na fervenza do Ézaro.
Tratábase de escribir un conto de medo sobre este monstruo....
CHEGOU O MAGOSTO !!
O magosto é unha celebración de orixe celta que forma parte da cultura galega. Nela celébrase a chegada dos froitos de outono. A pesar de que non ten unha data concreta para celebrar, sóese facer entre o 1 e o 11 de novembro e os principais elementos son as castañas e o lume.No Agro do Muíño, celebramos o magosto o venres 8 de novembro con castañas, xogos tradicionais e moita foliada!
DÍA DA CIENCIA EN GALEGO
O día 4 de novembro, conmemoramos o Día da Ciencia en Galego co obxectivo de mostrar que a lingua galega é útil e tan válida , como calquera outra para facer pescuda, ensino e divulgación científica.
Este ano dedícaselle á Astronomía , homenaxeando a Galileo Galilei que descubre co seu telescopio toda unha serie de satélites de planetas, detalles da Lúa, ademais de ser un físico relevante e defensor da teoría heliocéntrica.
O NOSO SAMAÍN !!
Que o SAMAÍN é anterior ao Halloween non é ningunha broma...
Samaín provén da palabra gaélica "Samhain" , que significa " fin do verán" e ten unha explicación e orixe nas tradicións dos celtas, os cales celebraban o final do verán e das colleitas con este rito que perdurou ata os nosos días .
Esta celebración coincide co 31 de outubro e o 1 de novembro e ten un pasado milenario onde se facían ofrendas de froitos en honor aos nosos antepasados e un banquete que recordaba aos nosos mortos.
No noso centro, na semana do 28 ao 30 de outubro, celebramos o Samaín cunha exposición de caveiras elaboradas polas familias e cunha gran festa .