jueves, 16 de junio de 2022

TRABALLOS DO PROXECTO " PASIÑO A PASIÑO, EN GALEGO FACEMOS O CAMIÑO"

 

Aquí tedes algúns exemplos dos traballos producidos do noso proxecto. PREMA NA IMAXE

DÍA DO LIBRO 2022

Para celebrar o día do libro cada aula escolleu un destino e unha emoción relacionada cun libro do noso itinerario lector e decoraron dúas frechas coas palabras elexidas.

PREMA NA IMAXE



sábado, 7 de mayo de 2022

2022 - FESTA DAS LETRAS GALEGAS -

 Prema na imaxe

 

Prema no amarelo e verás unha serie de vídeos con moita celebración.

martes, 19 de abril de 2022

LETRAS GALEGAS 2022 " Seminario Galán"

 

PREMA NA IMAXE 
para atopar as actividades interactivas na páxina Web do Seminario Galán sobre o autor homenaxeado este ano. Así como actividades en PDF, carteis da exposición e cuestionario, díptico, marcapáxinas, biografía, escolma de textos, fotos e actividades para infantil en lingua de signos, video da biografía, canción sobre o poema " Pandeirada", cronoloxía, marcapáxinas... material que pode facilitar ao profesorado a Celebración das Letras Galegas 2022, con actividades didácticas para o alumnado de infantil e primaria, elaboradas polos GT do Seminario de Galán.
    

lunes, 4 de abril de 2022

LETRAS GALEGAS 2022

 



A Real Academia Galega xa ten en marcha a nova edición de PRIMAVERA DAS LETRAS  
Na páxina web deste proxecto dirixido ao público infantil primaveradas letras.gal, pode descargarse a biografía do autor escrita por Ledicia Costas e ilustrada por Blanca Millán.
O espazo irase enriquecendo con novas actividades, fichas para colorear e outros recursos arredor do universo vital e literario de Delgado Gurriarán.
A RAG convoca o concurso escolar Contádenos o voso Día das Letras, co propósito de promover un espazo de participación para que os centros amosen como celebran a gran festa da nosa língua.


domingo, 20 de marzo de 2022

DÍA DA POESÍA E DÍA DA ÁRBORE

  A UNESCO declarou  o Día 21 de Marzo de 1999  DÍA MUNDIAL DA POESÍA.

No cole preparouse unha Exposición.

viernes, 18 de marzo de 2022

8 MARZO " DÍA DA MULLER"

 OBRADOIROS DO DÍA DA MULLER

Durante a semana do 8 de Marzo, día da Muller, tivemos actividades para celebralo.

Como era de esperar este ano está relacionado co noso PDI " Pasiño a pasiño facemos o Camiño II".

E que mellor maneira que coñecer ás primeiras mulleres peregrinas, da man de Sabela Losada, autora do libro"O camiño das Mulleres". Durante séculos a peregrinación foi a única viaxe permitida ás mulleres, e moitas aproveitaron esta oportunidade para saír dos sueus deberes domésticos, para coñecer por si mesmas o mundo e outras xentes, e sacar as súas propias conclusións.

E tivemos unha sorte tremenda, xa que temos unha axenda espectacular chea de actividades nas aulas, contacontos, obradoiros, xogos e escape room!!

Onte comezamos con:

- Alumnado de 1º e 2º E.P.: Contacontos: "O camiño das mulleres": Baseado nas experiencias reais de mulleres que fixeron o Camiño de Santiago .

Video do alumnado de 2º E. P

Alumnado de 3º: Contacontos e obradoiro: "Crea o teu camiño":  Comezando por coñecer mulleres que fixeron o Camiño de Santiago que logo representaron con debuxos, collage e narración" Quedou moi chulo!

Alumnado de 4º: Nesta actividade gozaron dun divertido e xigantesco xogo da oca no que ademais de subir e baixar polo taboleiro, descubriron mulleres incribles da nosa Historia relacionadas coas viaxes das mulleres e o Camiño de Santiago.
Video do alumnado de 4º da segunda quenda.

INAUGURACIÓN DA RADIO ESCOLAR NO AGRO DO MUÍÑO

Estamos de inauguración: Nace a nosa radio escolar " Radio Agroonda", A radio máis molona das ondas.

 Despois da formación tanto do profesorado como do alumnado, da creación da mascota e das primeiras gravacións, hoxe comezamos a emitir os primeiros podcast creados polo alumnado de 5º.

Podcast publicados:

PODCAST 1: Explicamos o que significa a nosa mascota da radio (é feminina, por iso eleximos tamén o día da muller para presentala).

PODCAST 2: O Día da Muller.

PODCAST 3: Rosalía de Castro.

Podedes escoitar as gravacións dende a marxe dereita deste blogue ou na marxe dereita ou dende a nosa páxina web do centro, onde está AGROONDA.

Podedes seguir a nosa canle!!!

miércoles, 2 de marzo de 2022