A UNESCO declarou o Día 21 de Marzo de 1999 DÍA MUNDIAL DA POESÍA.
No cole preparouse unha Exposición.
A UNESCO declarou o Día 21 de Marzo de 1999 DÍA MUNDIAL DA POESÍA.
No cole preparouse unha Exposición.
Durante a semana do 8 de Marzo, día da Muller, tivemos actividades para celebralo.
Como era de esperar este ano está relacionado co noso PDI " Pasiño a pasiño facemos o Camiño II".
E que mellor maneira que coñecer ás primeiras mulleres peregrinas, da man de Sabela Losada, autora do libro"O camiño das Mulleres". Durante séculos a peregrinación foi a única viaxe permitida ás mulleres, e moitas aproveitaron esta oportunidade para saír dos sueus deberes domésticos, para coñecer por si mesmas o mundo e outras xentes, e sacar as súas propias conclusións.
E tivemos unha sorte tremenda, xa que temos unha axenda espectacular chea de actividades nas aulas, contacontos, obradoiros, xogos e escape room!!
Onte comezamos con:
- Alumnado de 1º e 2º E.P.: Contacontos: "O camiño das mulleres": Baseado nas experiencias reais de mulleres que fixeron o Camiño de Santiago .
Estamos de inauguración: Nace a nosa radio escolar " Radio Agroonda", A radio máis molona das ondas.
Despois da formación tanto do profesorado como do alumnado, da creación da mascota e das primeiras gravacións, hoxe comezamos a emitir os primeiros podcast creados polo alumnado de 5º.
Podcast publicados:
PODCAST 1: Explicamos o que significa a nosa mascota da radio (é feminina, por iso eleximos tamén o día da muller para presentala).
PODCAST 2: O Día da Muller.
PODCAST 3: Rosalía de Castro.
Podedes escoitar as gravacións dende a marxe dereita deste blogue ou na marxe dereita ou dende a nosa páxina web do centro, onde está AGROONDA.
Podedes seguir a nosa canle!!!
Como a flor favorita de Rosalía eran os pensamentos, plantamos estes no noso patio.
#SEMENTANDOPENSAMENTOS (prema na imaxe)
Dende o noso Centro nesta semana faranse diferentes actividades, para o noso alumnado, sobre a persoa e a súa obra.
- Luns 21: Prantación da camelia Rosalía e pensamentos (a súa flor preferida e que ela pediu antes de morrer). Cada aula plantará o seu.
- Martes 22: Animación musical para o alumnado de Infantil.
- Mércores 23: Visita á casa de Rosalía onde viviu os seus primeiros 5 anos, que está na Tarroeira, moi cerca do colexio (todo primaria). ( Prema no amarelo para ver os videos)
- Xoves 24: Xogos para o alumnado de Primaria titulada "Among nos". .
Venres: Posta en valor do noso traxe tradicional galego, elemento moi importante na cultura galega nas súas diferentes variantes e que é necesario que o noso alumnado coñeza.
Dita actividade irá acompañada dunha pequena unidade didáctica para explicarlle á rapazada as distintas partes, o seu uso, as teas usadas, os adornos...
O Concello de Ames conmemora o mes de Rosalía con distintas actividades que van desde un mural a unha campaña nas Redes con cancelo #Rosalízate. (PREMA NA IMAXE)
O programa esta organizado desde o Servizo de Normalización Lingüística, en colaboración cos equipos de Dinamización da Lingua Galega dos centros educativos de infantil e primaria do concello e cos departamentos de Cultura e Mocidade. #rosalizate comezou o día 15 coa colocación de dous photocall, na praza da Maía de Bertamiráns e na Travesía do Porto do Milladoiro, para que, quen o desexe, poida facer unha fotografía e subila ás redes sociais acompañada de versos rosalianos e co cancelo xa mencionado de #rosalizate. Aos centros educativos de infantil e primaria enviáronse varios modelos de máscaras en formato PDF para que poidan imprimilas e/ou retocalas. Así cada neno ou nena pode elaborar a súa propia cara de Rosalía. O alumnado pode levará para a casa a súa máscara co obxectivo de que, posteriormente, vaia coa familia fotografarse no photocall. Cada familia decidirá se continúa a actividade subindo ás redes as imaxes acompañadas de versos rosalianos ou non. Os centros educativos tamén poden subir esas imaxes acompañada de versos ás propias webs.
Uns compañeiros editaron no seu blog esta marabilla de reportaxe PREMA NA IMAXE e verás todo o seu traballo sobre o traxe galego.