viernes, 26 de noviembre de 2021

22 NOVEMBRO - Día contra a violencia de xénero-

 A proposta para este día foi realizar dous CAMIÑOS VIOLETAS, sinalizados con flechas, partindo dunha lista de palabras positivas e negativas, relacionados co tema da VIOLENCIA DE XÉNERO.

O lema elexido foi: " NON CAMIÑEMOS POLO CAMIÑO DA VIOLENCIA"

viernes, 19 de noviembre de 2021

OBRADOIRO SOBRE MULLERES CIENTÍFICAS

 Onte 18 de novembro o noso alumnado de 4º A tivo a sorte de contar cun " Obradoiro sobre Mulleres Científicas", da man de Fátima Rguez Piña.

Este obradoiro dounos a coñecer as expedicións que realizaron dúas mulleres científicas galegas: Isabel Zendán Gómez e Ánxeles Alvariño González. Explicou a súa biografía e realizou dous experimentos científicos nos que se abordaron os conceptos de microbioloxía e inmunoloxía.

O obxectivo deste obradoiro é dar visibilidade e recoñecemento a través dos experimentos científicos a estas dúas mulleres Científicas e Galegas en Galicia

Prema na seguinte imaxe para ver a nosa experiencia.


viernes, 12 de noviembre de 2021

RECURSOS PARA CONMEMORACIÓNS

 

Neste enlace podedes atopar un montón de Recursos que vos axudarán con esas DATAS SINALADAS, que tanto nos gusta celebrar.

OUTONO E INFANTIL, unha combinación perfecta. 
Fai Click e verás algo que che gustará.

MES DA CIENCIA


 Este mes podedes aproveitar esta miniserie audiovisual de divulgación científica en galego.
 Oito episodios de 3 minutos de duración. Neles, TOUPIÑA e outros monicreques descubrirán o mundo da ciencia.

 Fai Click na imaxe para velos.


Non esquezades consultar os recursos elaborados desde os EDLG dos centros educativos para conmemorar o MES DA CIENCIA, EN GALEGO.

Fai click na imaxe.

lunes, 1 de noviembre de 2021

TRABALLO FEITO PARA O SAMAÍN

Estos son os vídeos donde podedes ver o noso traballo.


miércoles, 27 de octubre de 2021

CHEGA O SAMAÍN

CONTACONTOS DE SAMAÍN

Hoxe e mañán contamos cunha sorpresa de Samaín.
Manuela Varela fará unha sesión por ciclo.




viernes, 22 de octubre de 2021

ABECEDARIO, MATERIAIS E CONTO DO CAMIÑO

 Así de chulo quedou o noso abecedario en galego.


domingo, 3 de octubre de 2021

CURSO 2021- 2022



" PASIÑO A PASIÑO EN GALEGO FACEMOS O 
CAMIÑO II"






miércoles, 26 de mayo de 2021

CURTA FEITA POLO ALUMNADO DE 2º B


 Curta baseada nun conto inventado polos nenos e nenas de 2º B do noso centro.

Trata dun peregrino que fai o Camiño de Santiago. A técnica empregada é STOP MOTION. O decorado, os bonecos, as tomas fotográficas e os audios foron elaborados polos propios alumnos e alumnas.



CANCIÓN DIDÁCTICA DOS PRONOMES

" NON ME DIGAS TE QUERO" 

Aquí vos deixo unha canción que vos vai a axudar a colocar ben os pronomes