sábado, 13 de marzo de 2021

LETRAS GALEGAS 2021



PRIMAVERA DAS LETRAS.

" Cando as flores, na primavera tamén agroman as letras..."

- A Real Academia das Letras Galegas ven de proporcionar este enlace de recursos para aprender algo máis de  XELA   ÁRIAS

( Prema na imaxe)

viernes, 12 de marzo de 2021

LETRAS GALEGAS 2021

O Día das Letras Galegas 2021 será para XELA ARIAS.

A Real Academia acorda rendirlle homenaxe a " unha voz singular, transgresora e comprometida" como representante da xeración que renovou nos anos 80 a poesía galega e foi pioneira na tradución de clásicos.

Con motivo da elección pola RAG da poeta luguesa XELA ARIAS para as Letras Galegas 2021, reproducimos a entrevista que se publicou en La Voz o 25 de marzo de 1990   ENTREVISTA

lunes, 1 de marzo de 2021

A LUZ DE ROSALIA

 Actividade feita este mes de febreiro para homenaxear a ROSALÍA.

- Intervención poética en espazos urbanos do concello de Ames- 

O alumnado de Ed. Infantil e Primaria de todos os centros do concello encheron de versos de Rosalía as ruas de Bertamiráns e Milladoiro con estos soportes que se penduraron nas farolas. Desde o 22 de febreiro ata o 7 de marzo toda a veciñanza poderá gozar desta exposición urbana coa que se conmemora o aniversario da poeta.

Quedaron colocadas aproximadamente 130 lonas poéticas polas zonas urbanas.


jueves, 18 de febrero de 2021

DÏA DE ROSALÍA ( 24 febreiro)

 


Prema nesta imaxes para aprender máis sobre Rosalía

jueves, 11 de febrero de 2021

DIA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA (11 febreiro)

Video colaborativo adicado ao día internacional da Muller e a Nena na Ciencia.
Mulleres e nenas de Ames colaboraron para difundir o papel da muller na ciencia.

lunes, 1 de febrero de 2021

DÍA DA PAZ

CAMIÑOS DA PAZ

 Así quedou o Mural do Día da Paz, coa colaboración de todo o alumnado do CEIP AGRO DO MUÍÑO

miércoles, 16 de diciembre de 2020

POSTAIS DO NADAL

Como todos os anos, o EDLG do cole, organiza o Concurso de Postais do Nadal.

 Neste vídeo podedes ver a imaxinación do noso alumnado. 

E ESTE  VIDEO COAS POSTAIS GAÑADORAS!!


sábado, 28 de noviembre de 2020

OS 10 CONTOS GAÑADORES DO CONCURSO " TERRITORIO VÁKNER"

Os  contos de dúas alumnas do noso centro foron  seleccionados polo xurado na primeira edición do certame literario Territorio Vákner, convocado por La Voz e Radio Voz.

LEEDE OS RELATOS DOS ALUMNOS DO AGRO DO MUIÑO  


UN MONSTRUO DO MEDIEVO NO CAMIÑO DE FISTERRA E MUXÍA

Estades a punto de introduciros nun territorio mítico e descoñecido, nun mundo de lenda e misterio, nunha época de cambios e descubrimentos para a humanidade. Un obispo, Mártir de Arzendján, un monstruo e as enigmáticas terras de Dumbría forman parte dun relato que os fará recorrer estos lugares con cuidado e precaución.



miércoles, 25 de noviembre de 2020

25 Novembro- CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO-

25 N - No Ceip Agro do Muíño abriuse

 UNHA XANELA DE IGUALDADE      

Os nosos alumnos e alumnas traballaron o tema e este é o resultado.   Prema!!!