ES DAQUÍ OU VES Á FESTA?
O proxecto titulado “ Es daquí ou vés á festa?” tratou da toponimia do Concello de
Ames.
Íase a realizar en tres fases:
- No 1º trimestre cada familia enviou ao centro escolar unha foto impresa do seu
fillo/a nun espazo significativo dese lugar poñendo por detrás os seguintes datos:
nome do alumno/a, curso, lugar, parroquia e nunha folla a parte se hai algún dito,
cantiga, lenda etc… referida ao mesmo.
-No 2º trimestre investigamos a procedencia do nome e a riqueza de patrimonio
dese lugar polo que se traballou dende diferentes área do currículo. Por último,
íamos visitar eses lugares onde o alumnado faría de guía ao resto dos compañeiros
podendo ademais ir acompañado dalgún membro da súa familia, sobre todo de avós
que coñecen moi ben o entorno. Isto non se poido facer debido á suspensión das
clases e o posterior confinamento.
- Nin tampouco se fixo o traballo do 3º trimestre , que era a exposición de todo o
material.
Tiñan que facer traballo de aula e de campo.
Incluimos o noso proxecto no: PLAN PROXECTA: 36. Proxecto didáctico Antonio Fraguas.