23 Abril- Día Mundial do Libro!!! As palabras nos poemas, nos contos e nas historias son alimento. Non son alimento para o corpo, son alimento para o espirito e para a alma. Que bonito é ver que as lecturas seguen formando parte das nosas rutinas, e que non hai ningún virus que poida deter unha das nosas preferidas afeccións!!!
jueves, 23 de abril de 2020
martes, 24 de marzo de 2020
MENSAXE DE ANGEL CARRACEDO
Que alegría recibir unha mensaxe do noso querido Angel Carracedo!!!!Gravou unhas palabras para enviar a través das redes sociais na que nos anima a todos a facer o que nos aconsellan as autoridades sanitarias para superar a situación na que nos atopamos e da que sairemos.
Unha aperta forte Ángel e grazas polos ánimos.
sábado, 29 de febrero de 2020
GALA DE ROSALÏA
O venres 28 de febreiro na Casa da Cultura de Bertamiráns tivo lugar A Gala- Homenaxe a Rosalía. O Ceip Agro do Muíño contribui cun recitado de un poema de Rosalía " Vente rapasa" por parte de Sara Constenla , " Turra,turra Xoan, pola burra" interpretada por:Nerea Brión, Brais Mirás e Eva Jiménez e unha actuación co poema " Tecín soia a miña tea" con Noa e Kiara de Blas.Sánchez.
Si queres ver a actuación dos nosos artistas prema na imaxe e despois dalle ao PLAY
24 DE FEBREIRO : DÍA DE ROSALÍA
Como todos os anos o noso centro fai diversas actividades para homenaxear a nosa Rosalía de Castro.
Este mural fíxose desde Voz Natura :
ROSALÍA TAMÉN É SOSTIBLE
Con material de refugallo quedou así de fermosa a nosa escritora.
FIESTRAS DE ROSALÏA
Os escaparates de Ames foron adornados con poemas ilustrados polo alumnado dos colexios do concello de Ames.
martes, 18 de febrero de 2020
DOCTOR HONORIS CAUSA
Este luns 17 de Febreiro foi nomeado Doctor Honoris Causa en Psicoloxía na cidade de Braga o Dr. Ángel Carracedo pola Universidade de Minho.
Foi un placer escoitar o seu discurdo donde fai referencia a nosa lingua.
Prema na imaxe e verás a noticia e no interior escoitarás o discurso.
jueves, 9 de enero de 2020
CONCURSO POSTAIS DO NADAL
Como todos os anos, non podía faltar o " Concurso Postais de Nadal " dende o EDLG.
Os premios a cargo da ANPA foron entregados o 18 de decembro.
Postais gañadoras:Educación Infantil: Marina Pereira Escudero (5 anos B)
Educación Primaria ( 1º e 2º): Micaela Hermo Louro (1º A)
Educación Primaria ( 3º e 4º): Martina Mosquera Camiño (4º A)
Educación Primaria ( 5º e 6º): Sara Canseco Prieto (6º A)
miércoles, 18 de diciembre de 2019
EDLG CURSO 2019- 20
Pretendemos a través deste blogue contribuír ao fomento da lingua galega na comunidade educativa e no contorno social.
lunes, 13 de mayo de 2019
LETRAS GALEGAS 2019
Preme na imaxe e poderás acceder á unidade didáctica de Antón Fraguas para todos os niveis.
MURAL LETRAS GALEGAS 2019
Os alumnos do noso centro fixeron unhas lasas ilustradas de poesía galega, xunto cos outros centros do concello de Ames. Fomos a colocalas no paseo fluvial este luns 13 de maio.
Si queres ver unhas imaxes prema en actividade 1.
ACTIVIDADE 2.- CERTAME LITERARIO INTERCENTROS CONCELLO DE AMES
O Ceip Agro do Muíño acadou tres premios.
1ª Categoría:
3º premio Mateo e Marcos 4º C
2ª Categoría:
1º premio Noa de Blas 6º A
3º premio Candela Vázquez 6º B
ACTIVIDADE 3.- FESTIVAL LETRAS GALEGAS
O día 16 de maio celebramos toda a Comunidade educativa o Festival das Letras Galegas. Comezaron os actos ás 11 da mañá co seguinte programa::- RECITADO DO POEMA "O PIOLLO E A PULGA" DE ANTONIO FRAGUAS ALUMNADO DE 2º DE PRIMARIA.
- TEATRO ED. INFANTIL. CARAPUCHIÑA VERMELLA E OUTROS CONTOS (ADAPTACIÓN MERCEDES MOURE)
Canción: " A vella tiña un gato"
Himno galego
Representación " Carapuchiña vermella"
viernes, 3 de mayo de 2019
jueves, 21 de febrero de 2019
GALA DE ROSALÍA
O 24 de febreiro na Casa da Cultura de Bertamiráns terá lugar A Gala- Homenaxe a Rosalía. O Ceip Agro do Muíño contribuirá con un recitado de un poema de Rosalía " Quíxenche tanto meniña" e unha actuación con un poema de Luis Pimentel dedicado a Rosalía.
Si queredes ver algun recitado de poemas facede click nos videos:
Si queredes ver algun recitado de poemas facede click nos videos:
VIDEO 1VIDEO 2VIDEO 3
Suscribirse a:
Entradas (Atom)













