sábado, 29 de febrero de 2020

GALA DE ROSALÏA


 Actuación

O  venres 28 de febreiro na Casa da Cultura de Bertamiráns tivo  lugar A Gala- Homenaxe a Rosalía. O Ceip Agro do Muíño contribui  cun recitado de un poema de Rosalía " Vente rapasa" por parte de Sara Constenla , " Turra,turra Xoan, pola burra" interpretada por:Nerea Brión, Brais Mirás e Eva Jiménez e unha actuación co poema " Tecín soia a miña tea" con Noa e Kiara de Blas.Sánchez.


Si queres ver a actuación dos nosos artistas prema na imaxe e despois dalle ao PLAY




24 DE FEBREIRO : DÍA DE ROSALÍA


Como todos os anos o noso centro fai diversas actividades para homenaxear a nosa Rosalía de Castro.
Este mural fíxose desde Voz Natura :
ROSALÍA TAMÉN É SOSTIBLE
Con material de refugallo quedou así de fermosa a nosa escritora.

FIESTRAS DE ROSALÏA
Os escaparates de Ames foron adornados con poemas ilustrados polo alumnado dos colexios do concello de Ames.

martes, 18 de febrero de 2020

DOCTOR HONORIS CAUSA


 DISCURSO



Este luns 17 de Febreiro foi nomeado Doctor Honoris Causa en Psicoloxía na cidade de Braga o Dr. Ángel Carracedo pola Universidade de Minho.
Foi un placer escoitar o seu discurdo donde fai referencia a nosa lingua.
Prema na imaxe  e verás a noticia e no interior  escoitarás o discurso.
 DR HONORIS CAUSA

jueves, 9 de enero de 2020

CONCURSO POSTAIS DO NADAL


Como todos os anos, non podía faltar o  " Concurso Postais de Nadal " dende o EDLG. 
Os premios a cargo da ANPA foron entregados o 18 de decembro.
                                                  Postais gañadoras:
                              Educación Infantil: Marina Pereira Escudero (5 anos B)
                              Educación Primaria ( 1º e 2º): Micaela Hermo Louro (1º A)
                              Educación Primaria ( 3º e 4º): Martina Mosquera Camiño (4º A)
                              Educación Primaria ( 5º e 6º): Sara Canseco Prieto (6º A)

miércoles, 18 de diciembre de 2019

EDLG CURSO 2019- 20



 
Pretendemos a través deste blogue contribuír ao fomento da lingua galega na comunidade educativa e no contorno social.

lunes, 13 de mayo de 2019

LETRAS GALEGAS 2019

   
Preme na imaxe e poderás acceder á unidade didáctica de Antón Fraguas para todos os niveis.

MURAL LETRAS GALEGAS 2019


ACTIVIDADE 1.-  CAMIÑO DE VERSOS.  (FAI CLIC PARA VER AS FOTOS)

Os alumnos do noso centro fixeron unhas lasas ilustradas de poesía galega, xunto cos outros centros do concello de Ames. Fomos a colocalas no paseo fluvial este luns 13 de maio.
Si queres ver unhas imaxes prema en actividade 1.

ACTIVIDADE 2.-  CERTAME  LITERARIO  INTERCENTROS  CONCELLO DE AMES

O Ceip Agro do Muíño acadou tres premios.
1ª Categoría:
3º premio Mateo e Marcos 4º C
2ª Categoría:
1º premio Noa de Blas 6º A
3º premio Candela Vázquez 6º B

ACTIVIDADE 3.                 FESTIVAL  LETRAS GALEGAS


   O día 16 de maio celebramos toda a Comunidade educativa o Festival  das Letras Galegas. Comezaron os actos ás 11 da mañá co seguinte programa::
  • RECITADO DO POEMA "O PIOLLO E A PULGA" DE ANTONIO FRAGUAS ALUMNADO DE 2º DE PRIMARIA.
  • TEATRO ED. INFANTIL. CARAPUCHIÑA VERMELLA E OUTROS CONTOS (ADAPTACIÓN MERCEDES MOURE)


                                                          Presentación


Canción: " A vella tiña un gato"

Himno galego
Representación " Carapuchiña vermella"




viernes, 3 de mayo de 2019

O MEU MUNDO É

Resultado de imagen de o galego

Preme na imaxe para ver un video dos nosos alumnos de 4º promocionando a nosa língua

jueves, 21 de febrero de 2019

GALA DE ROSALÍA

O 24 de febreiro na Casa da Cultura de Bertamiráns terá lugar A Gala- Homenaxe a Rosalía. O Ceip Agro do Muíño contribuirá  con un recitado de un poema de Rosalía " Quíxenche tanto meniña" e unha actuación con un poema de Luis Pimentel dedicado a Rosalía.
 

Si queredes ver algun recitado de poemas facede click nos videos:
VIDEO 1VIDEO 2VIDEO 3

miércoles, 6 de febrero de 2019

DÍA DE ROSALÍA- 24 febreiro -

 Rosalía de Castro, foi  unha gran escritora en prosa e verso.
 Era unha muller comprometida coa época na que viviu,  a través dos seus escritos denunciou os problemas aos que estaba sometida a muller do Siglo XIX.

Estamos preparando esta celebración. Xa vos imos contando.

miércoles, 23 de enero de 2019

XOGAMOS COAS PALABRAS NO AGRO DO MUÍÑO



Queremos aumentar o vocabulario en galego do noso alumnado. Este luns empezamos unha nova actividade:
Cada semana aparecerán na cortiza do EDLG tres definicións e os alumnos terán que adiviñar de que palabras se tratan. Así que o fagan os seus titores traballarán con elas durante toda a semana e así sucesivamente ata que se termine o abecedario e se faga o seguinte.
Comezamos con este: A.- Aloumiño B.- Bagoas C.- Coxegas D.- Decotío E.- Enxebre F.- Folerpa
G.- Galopín H.- Harmónica I.- Isca L.- Lóstrego M.- Meigallo N.- Nocello Ñ.- Carantoña O.- Olleiras
P.- Pedrazo Q.- Quincalla R.- Reirrei S.- Serán T.- Tixola U.- Ulir V.- Vacaloura X.-  Xato Z.- Zoco

Intentádeo vos. Aí van as tres primeiras definicións.

1.- Utensilio de cociña, metálico, de forma redonda, pouco fondo e mango largo no que se friten os alimentos.
2.- Que comete pequenos enganos ou fraudes co habilidade e sen malicia.
3.- Acción máxica que provoca algún acontecemento ou certos efectos nunha persoa, nun animal, etc, polo xeral negativos.