jueves, 21 de febrero de 2019

GALA DE ROSALÍA

O 24 de febreiro na Casa da Cultura de Bertamiráns terá lugar A Gala- Homenaxe a Rosalía. O Ceip Agro do Muíño contribuirá  con un recitado de un poema de Rosalía " Quíxenche tanto meniña" e unha actuación con un poema de Luis Pimentel dedicado a Rosalía.
 

Si queredes ver algun recitado de poemas facede click nos videos:
VIDEO 1VIDEO 2VIDEO 3

miércoles, 6 de febrero de 2019

DÍA DE ROSALÍA- 24 febreiro -

 Rosalía de Castro, foi  unha gran escritora en prosa e verso.
 Era unha muller comprometida coa época na que viviu,  a través dos seus escritos denunciou os problemas aos que estaba sometida a muller do Siglo XIX.

Estamos preparando esta celebración. Xa vos imos contando.

miércoles, 23 de enero de 2019

XOGAMOS COAS PALABRAS NO AGRO DO MUÍÑO



Queremos aumentar o vocabulario en galego do noso alumnado. Este luns empezamos unha nova actividade:
Cada semana aparecerán na cortiza do EDLG tres definicións e os alumnos terán que adiviñar de que palabras se tratan. Así que o fagan os seus titores traballarán con elas durante toda a semana e así sucesivamente ata que se termine o abecedario e se faga o seguinte.
Comezamos con este: A.- Aloumiño B.- Bagoas C.- Coxegas D.- Decotío E.- Enxebre F.- Folerpa
G.- Galopín H.- Harmónica I.- Isca L.- Lóstrego M.- Meigallo N.- Nocello Ñ.- Carantoña O.- Olleiras
P.- Pedrazo Q.- Quincalla R.- Reirrei S.- Serán T.- Tixola U.- Ulir V.- Vacaloura X.-  Xato Z.- Zoco

Intentádeo vos. Aí van as tres primeiras definicións.

1.- Utensilio de cociña, metálico, de forma redonda, pouco fondo e mango largo no que se friten os alimentos.
2.- Que comete pequenos enganos ou fraudes co habilidade e sen malicia.
3.- Acción máxica que provoca algún acontecemento ou certos efectos nunha persoa, nun animal, etc, polo xeral negativos.

ERROS LÉXICOS FRECUENTES

   http://www.usc.es/gl/servizos/snl/asesoramento/dubidas/glosario/ijk.html

PORQUE, POR QUE E PORQUÉ

Resultado de imagen de INTERROGANTES

martes, 6 de mayo de 2014

PENÉLOPE por Fuxan os ventos


Versos de Xosé Mª Díaz Castro musicados por Fuxan os ventos.

LETRAS GALEGAS 2014


    http://coordinadoraendl.org/letras2014/        Nesta ligazón tendes recursos para traballar:    

miércoles, 22 de mayo de 2013

RADIO AMES. A POESÍA DE ROSALÍA

Con motivo do 150 aniversario da publicación de "Cantares Galegos" e do 175 aniversario do seu nacemento, declarouse o 2013 ano de Rosalía de Castro.
O Ceip Agro do Muíño quixo contribuir a dita celebración co recitado da sua obra. Cada aula preparou a sua poesía e coa colaboración de Radio Ames fíxose un programa con todo o traballo feito e este é o resultado.
Grazas Nazaret!!

PARA ESCOITAR FAI CLIC NO PLAY

jueves, 25 de abril de 2013

LETRAS GALEGAS 2013

                                             ROBERTO VIDAL BOLAÑO 
                                                         
Este ano dedícase o día das Letras Galegas a Roberto Vidal Bolaño(Santiago de Compostela, 1950 - Santiago de Compostela, 2002), foi  escritor e actor de teatro.

Prema na caricatura para acceder a información e actividades da páxina de Bibliotecas Escolares de Galicia.