domingo, 23 de noviembre de 2025
jueves, 20 de noviembre de 2025
miércoles, 12 de noviembre de 2025
viernes, 31 de octubre de 2025
O SAMAÍN ten a súa orixe nas tradicións celtas. "Samhain" significa " fin do verán" e neste sentido, os celtas celebraban o final do verán e das colleitas.
Esta celebración coincide co 31 de outubro e o 1 de novembro e ten un pasado milenario, moito máis antigo que o "Halloween".É a noite máis espeluznante do ano onde hai cabazas, vampiros, morcegos, bruxas, pantasmas, monstros... Únese o mundo dos vivos co dos defuntos.
En Galicia, o Samaín , dende fai uns anos, foi obxecto dun proceso de recuperación e reivindicación.
Un ano máis, o noso cole celebrou o Samaín cunha fantástica exposición de cabazas cheas de maxia, humor e moita creatividade.
As familias colaboraron decorando cabazas de todas as formas e estilos: pantasmas, monstros, astronautas, bruxas, planetas e moitas outras ideas orixinais que deixaron a todos abraiados.
O resultado foi un auténtico universo de imaxinación e cores, que encheu os corredores do Agro do Muíño dun ambiente festivo e moi especial.
Grazas a todas as familias pola vosa implicación e entusiasmo!
E , a tarde unha gran festa coas familias, alumnado e profesorado compartindo unha xornada chea de maxia ,música, disfraces e moita diversión, coa inestimable colaboración da ANPA !!!
martes, 21 de octubre de 2025
sábado, 18 de octubre de 2025
viernes, 10 de octubre de 2025
O MILLO E AS ESFOLLADAS !!!
O ALUMNADO DE 6º DE E.INFANTIL RETOMA UNHAS DAS TRADICIÓNS DE OUTONO MÁIS IMPORTANTES EN GALICIA: A COLLEITA E ESFOLLADA DO MILLO.
TROUXERON ESPIGAS DE DIFERENTES TIPOS DAS CASAS, ESFOLLARON. DEBULLARON, LEVARON OS GRAN A MOER E, COA FARIÑA FIXERON PAN DE MILLO !!!
AQUÍ PODEDES VER QUE SI PAN DE MILLO VAS MERENDAR... MOITO É O TRABALLO QUE HAI DETRÁS !!
viernes, 19 de septiembre de 2025
sábado, 21 de junio de 2025
O xoves 19, todo o centro fixo unha camiñata á carballeira de Ortoño onde o alumnado de 5º e 6º de E.P acompañou ao alumnado de E. Infantil.
Desfrutar dunha xornada de convivencia moi festeira con moitas actuacións : pandeiretas, muiñeiras, xotas, guitarrista, .... e ata baile do profesorado, onde a cultura e as tradicións galegas estiveron moi presentes...
Aquí deixamos unha mostra do ben que o pasamos!
jueves, 19 de junio de 2025
A SEREÍÑA ARIEL, A HEROÍNA DOS OCÉANOS"
O pasado 16 e 18 de xuño, o alumnado de 6ºde E.P representou para todo o centro e para as súas familias ( no acto de despedida de primaria que se levou a cabo na casa da Cultura de Bertamiráns) un musical que trata o tema da contaminación dos océanos e a necesidade de que a humanidade se una para buscar solucións a este problema para a vida mariña e submarina. Así mesmo, a heroína é unha muller. Rómpese deste xeito co estereotipo de que a muller é a débil e debe ser salvada. A educación física, abarca a maioría dos contidos da materia con esta obra. Realízanse actividades de mimo, expresión dramática, danza con distintas coreografías, ximnasia, acrosport...
Parabéns aos artistas e as profes de E. Física polo seu traballo, foi un éxito !!
jueves, 12 de junio de 2025
miércoles, 11 de junio de 2025
sábado, 17 de mayo de 2025
O 17 de maio, celebramos o Día das Letras Galegas , recordando que, tal día como ese, en 1863, publicouse o primeiro exemplar da obra "Cantares Gallegos" , de Rosalía de Castro, que marcaría o inicio do "Rexurdimento" o renacemento cultural de Galicia.
Este ano 2025 está dedicado á poesía popular oral. Ás cantareiras personificado en Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda, Eva Castiñeira Santos, de Muxía, e Manuela Lema, Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes estas catro das Pandeireteiras de Mens (Malpica).
No noso centro tivemos unha semana cultura chea de actividades tal e como podedes ver neste video:
jueves, 8 de mayo de 2025
viernes, 2 de mayo de 2025
Este buzón está xestionado polo coordinador de benestar emocional e convivencia e a especialista de AL do centro. Deste xeito, o alumnado conta cun equipo de referencia ao que dirixirse en caso de que o precise.
Ademais deste punto laranxa nas instalacións do centro (formato físico) contamos con outro virtual a través da nosa páxina web .
Debemos lembrar que: o acoso escolar ou "bullying", é unha forma de violencia ou maltrato que un estudiante ou grupo de estudiantes exerce sobre outro ou varios, de forma repetitiva e coa intención de causar dano físico ou psicolóxico. Este maltrato pode manifestarse de diversas formas, incluíndo agresións físicas, verbais, psicolóxicas ou sociais.
miércoles, 30 de abril de 2025
Abril é un mes especial para os amantes dos libros. Cada ano conmemóranse dúas datas trascendentais para as letras e a cultura: o 2 de abril celébrase o "Día Internacional do libro infantil e xuvenil" en conmemoración do nacemento do escritor Hans Christian Andersen e, o 23 de abril o "Día internacional do libro" para conmemorar a morte de 3 grandes escritores: Miguel de Cervantes, Willian Shakespeare e Garcilaso de la Vega.
No C.E.I.P Agro do Muíño leváronse a cabo diversas actividades para conmemorar estas datas.
jueves, 10 de abril de 2025
Modo galego, actívao!

Modo galego, actívao! é un proxecto de investigación-acción desenvolvido de xeito colaborativo pola Real Academia Galega e o Concello de Ames. Botou a andar en 2021 e busca dinamizar a lingua galega traballando asemade diferentes ámbitos: a educación, o lecer e as familias. É un programa exportable a outros lugares que combina a intervención e a avaliación, o que permite que poida evolucionar de acordo cos resultados obtidos. Destaca pola colaboración entre institucións e pola implicación de diferentes axentes (docentes, alumnado, monitorado e familias) nun proxecto integral para todo o concello. O xurado tamén salientou aspectos como a súa planificación coidada e rigorosa, que promove a reflexión sociolingüística interxeracional e que incide en diferentes ámbitos de vida das crianzas co fin de facilitar a socialización en galego.
O sábado ,7 de xuño, será a entrega do premio no Pazo da Cultura de Pontevedra.
Parabéns ao Concello de Ames por esta iniciativa e a todos os centros educativos participantes de Ames: EEI de Milladoiro, CEIP Agro do Muíño, Ceip A Maía, CEIP de Barouta, CEIP de Ventín.
martes, 1 de abril de 2025
Este ano 2025 o homenaxeado é ISAAC DÍAZ PARDO
( Santiago de Compostela , 22 de agosto
de 1920 -A Coruña ,5 de xaneiro de 2011).
Os ollos de Isaac , como os de Picasso, vían detrás do horizonte artístico... era máis que un xenio e demostrouno como pintor, deseñador, ceramista e arquitecto.
Unha figura "transcendental da transformación das artes galegas do s.XX".
viernes, 21 de marzo de 2025
O día 21 de marzo, coincidindo co equinocio da primavera no hemisferio norte, conmemoramos o Día Mundial da poesía simbolizando así a renovación e o florecemento da cultura e da lingua a través da poesía.
O alumnado de 3º de E.P coa axuda da súa mestra de E.Física , crearon poemas sobre o mar e interpretáronnos con percusión e movemento.
E o alumnado de 6º de E.P fixo unha fermosa regueifa sobre o mundo mariño "AMARAMAR", a cal impulsa a improvisación oral en verso en lingua galega e amplía aptitudes retóricas . Con esta regueifa participarán no VIII edición do certame "Enregueífate".
jueves, 13 de marzo de 2025
lunes, 10 de marzo de 2025
O luns 10 de marzo, commemoramos o Día Internacional da Muller que este ano dedicamos ás mulleres do mar: mariscadoras, mariñeiras, percebeiras, redeiras... e ,en especial a nosa oceanógrafa, de recoñecemento mundial, Ángeles Alvariño.
As alumnas de 6º E.primaria recitaron uns poemas que elas mesmas escribiron sobre as mulleres do mar e o alumnado de 5º E.Primaria elaborou o mural "Un mar de igualdade". Contamos coa actuación de Olga Kirk e Pablo Díaz que nos financiou o Concello e, para finalizar o acto, fixemos entre tod@s unha "Onda pola igualdade" coas pañoletas violetas que nos agasallou a ANPA .
domingo, 9 de marzo de 2025
viernes, 28 de febrero de 2025
O ENTROIDO é unha celebración de longa tradición en Galicia e, a importancia é tal que, oito dos entroidos galegos son considerados "Festa de interés turístico". Tal vez sexa a festa por excelencia cunha gran participación de ne@s e maiores por iso, no noso centro, do 24 ao 28 de febreiro , traballamos esta tradición coa finalidade de promover o coñecemento da nosa cultura popular.































.jpg)







