"CORRELINGUA" cumple 25 anos e, un ano máis, esta actividade que desenvolven a Mesa pola Normalización Lingúística, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega e a CIG-Ensino percorre Galicia para que a nosa lingua se manteña viva entre a cativada e a mocidade galega.
Hoxe 8 de maio, arredor de 1400 estudantes de 17 centros da zona de Santiago defenderon con fachenda e alegría a lingua galega polas rúas da zona vella de Santiago.
A festa final tivo lugar no palco da música Alameda, amenizada por Isabel Risco.
O alumnado de 1º de E.P do noso centro, participou esta mañá nesta actividade lúdico-reinvindicativa .
No hay comentarios:
Publicar un comentario