viernes, 29 de mayo de 2026


O sábado 6 de xuño celebrarase a VII Festa do Apego , con actividades e recursos para gozar da festa en familia e favorecer a socialización e a crianza en galego onde os  participantes poderán gozar de contos con música, xogos, concertos, teatro, clown, obradoiros, espazos de xogo, espazos de creatividade e espazos de recursos. Todo isto e moito máis para achegarlles ás familias recursos lúdicos e educativos que favorezan a transmisión da lingua e unha crianza positiva, creativa e en galego. . 

Todas as actividades da xornada son de acceso libre e gratuíto, sen necesidade de inscrición previa. Se as circunstancias meteorolóxicas impedisen a realización das ditas actividades en exterior, estas trasladaranse á Casa da Cultura de Bertamiráns e á praza de Chavián.

Ao longo de todo o día, ademais dos espectáculos programados, haberá actividades e obradoiros abertos de xeito permanente, en horario de 11.00 a 14.00 e de 16.30 a 20.00 horas, no patio do Pazo da Peregrina.

Animámosvos a participar desta xornada lúdica en galego!!

 

martes, 19 de mayo de 2026


O martes 19 de maio tivemos un concerto de PAKOLAS no centro para todo o alumnado. Este estaba dentro do programa "Modo galego, actívao" e foi financiado polo SXL do concello de Ames.

Foi unha xornada de rock en galego onde A Ramona pequena chegou co galego ata a Lúa!

Aquí vos deixamos unha mostra do ben que o pasamos!






 

lunes, 11 de mayo de 2026


O 17 de maio , celebramos o Día das letras galegas, recordando que, tal día como ese, en 1863, publicouse  o primeiro  exemplar da obra  "Cantares gallegos", de Rosalía de castro, que marcaría o inicio do "Rexurdimento", o renacemento cultural de Galicia.

Este ano 2006 no Día das Letras galegas, a autora homenaxeada é BEGOÑA  CAAMAÑO  RASCADO (Vigo, 1964- Santiago de Compostela  2014).
Begoña rematou os estudios de maxisterio pero nunca exerceu. Dedicouse ao xornalismo, traballando nos servizos informativos da Radio popular de Vigo, Radio Noroeste e na Radio Galega.
Publicou dúas obras: "Circe ou de pracer do azul"(2009) e "Morgama en Esmelle" (2012).

No C.E.I.P "Agro do Muíño" do 11 ao 21 de maio homenaxearemos a esta autora que, desde a súa infancia inventou xogos ata converterse  nunha das voces máis importantes da radio, do activismo  e da literatura galega, loitando sempre pola xustiza, polo galego e pola igualdade.



Aquí  vos deixamos un video onde se poden ver as diferentes actividades que se levaron a cabo no centro na semana cultural das Letras Galegas!





 

miércoles, 6 de mayo de 2026

 

O alumnado de 6º de E.Infantil participou este martes 5 de maio na
Festa do Correlingua 2026.

Co obxectivo de sensibilizar a rapazada sobre o patrimonio que representa a lingua propia, a Alameda compostelá acolleu o arranque da festa do galego para gozar dunha xornada festiva lúdica, reivindicativa e educativa na que rapazas e rapaces de 3 a 18 anos se xuntan para celebrar o uso da lingua galega.




O alumnado de 6º de E.I acadou o 3º Premio á  mellor  animación polo  que recibiron un diploma de recoñecemento e un lote de libros en galego para a o centro.

MOITOS  PARABÉNS POR ESE GALEGO TAN ACTIVADO !!


 

lunes, 4 de mayo de 2026


O luns, 4 de maio, o alumnado de 5º e 6º de E. Infantil elaborou uns fermosos maios coa inestimable colaboración das familias que foron as que recolleron as plantas que trouxeron @s nen@s.

Unha festa de tradición popular que se fai en Galicia dende moi antiguo, xa que a súa orixe remóntase a civilizacións prerromanas.
Coa exaltación da natureza conmemoramos o comenzo da primavera e o final do inverno.

Aquí podedes ver como foi a súa elaboración e como cantan ao maio.