sábado, 21 de diciembre de 2024

 ACHÉGASE O NADAL !!!

Como cada ano polo Nadal, o E.D.L.G organiza o CONCURSO DE POSTAIS .
A actividade consiste na elaboración de postais con mensaxes de nadal en lingua galega. Selecciónase unha postal por aula a cal recibe un agasallo ( un libro en galego relacionado coa temática do proxecto: o mundo mariño) e finalmente elíxese a mellor do centro, que se utiliza para felicitar ás familias do centro e aos organismos do Concello. Nos agasallos colabora a ANPA




GRAZAS A TODO O ALUMNADO POLA SÚA PARTICIPACIÓN !

  Estas son as postais gañadoras deste ano. Parabéns a tod@s @s gañadores/as !!!









martes, 17 de diciembre de 2024

 

O 17  de decembro o alumnado de 5º de E.P levou a cabo os obradoiros de "Enregueífate" cos regueifeiros Lupe Blanco e Josiño da Teixeira.
Estes obradoiros enmárcanse dentro do proxecto homónimo organizados polos concellos de Ames, Carballo, Pontevedra, Santiago de Compostela e Teo, co que se procura impulsar a improvisación oral en verso e contribuír a través dela á promoción do uso da lingua galega.
Aquí podedes ver unha mostra do que se fixo...

Animámosvos a participar no Certame de regueifas en video. O prazo de presentación é do 20 de xaneiro ao 20 de marzo.



martes, 3 de diciembre de 2024

 


Día Mundial das Personas con Discapacidade, que se celebra cada 3 de decembro, ten como principal obxectivo visibilizar e apoiar a inclusión social e laboral das personas con discapacidade. Este día, que se celebra desde 1992, busca fomentar unha sociedade inclusiva e  accesible, recordando que o 15% da poboación mundial vive con algún tipo de discapacidade.

Beli, a auxiliar técnico educativa do noso centro, contoulles ao alumnado de 5º de E.Infantil o conto de " Por catro esquiniñas de nada" . Un conto de apariencia moi simple e cunha gran lección...De maneira indirecta fala da integración, de respecto do diferente, de cambio de perspectiva, de como a amizade atopa solucións...




Tamén se elaborou un mural conmemorativo sobre diversidade funcional.