martes, 26 de noviembre de 2024

 


O Día Internacional contra a Violencia de xénero  celébrase anualmente o 25 de novembro para denunciar a violencia que se exerce sobre as mulleres en todo o mundo e reclamar políticas para a súa erradicación.


ESTE DÍA CONVIDÁRONNOS A TOD@S A VIR VESTID@S CON ROUPA DE COR NEGRA PARA DARLLE VISIBILIDADE !

  • Este é o mural commemorativo que elaborou a alumnado de 5º de E.P.







jueves, 21 de noviembre de 2024

 Cada 20 de novembro conmemoramos  o DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA coa finalidade de contribuír a facer que os dereitos d@s nen@s sexan unha realidade en todos os países do mundo.

Este ano, o alumnado de E. Infantil foi o encargado desta conmemoración e elaboraron un fermoso mural no corredor do centro cos dereitos da infancia.





Ademais, dende a  Asociación Galega de familias de acollida, convídanos cada ano a conmemorar este día propoñéndonos que veñamos ao cole en pixama ou cun obxecto significativo da infancia: peluche, chupete, mantiña... Isto é para representar o momento de intimidade familiara da hora de durmir, nun fogar calquera. 

Con esta iniciativa preténdese facer énfase na importancia do acollemento familiar para garantir o dereito a vivir a familia d@s nen@s... que os que viven en centros non teñen cumprido. 

domingo, 10 de noviembre de 2024


O alumnado de 6º de E.P participou neste certame literario promovido por “La Voz de Galicia" e o concello de Dumbría para colexios ao longo do camiño de Fisterra a Muxía. 

Váker é un monstruo devorador de peregrinos que se atopa en Dumbría onde o Camiño de Santiago atravesa paraxes de encomparable beleza, bañados polo río Xallas e levados á súa máxima expresión na fervenza do Ézaro. 

 Tratábase de escribir un conto de medo sobre este monstruo....



O pasado 9 de novembro, fíxose a entrega de premios onde, Iria Martínez Mosquera, alumna de 6º E.Primaria do noso centro acada un 5º premio na categoría escolar. Parabéns Iria !!


 

sábado, 9 de noviembre de 2024

 CHEGOU O MAGOSTO !!

O magosto é unha celebración de orixe celta que forma parte da cultura galega. Nela celébrase a chegada dos froitos de outono. A pesar de que non ten unha data concreta para celebrar, sóese facer entre o 1 e o 11 de novembro e os principais elementos son as castañas e o lume.


No Agro do Muíño, celebramos o magosto o venres 8 de novembro con castañas, xogos tradicionais e moita foliada!





lunes, 4 de noviembre de 2024

DÍA DA CIENCIA EN GALEGO



O día 4 de novembro, conmemoramos o Día da Ciencia en Galego co obxectivo  de mostrar que a lingua galega é útil e tan válida , como calquera outra para facer pescuda, ensino e divulgación científica.

Este ano dedícaselle á Astronomía , homenaxeando a Galileo Galilei que descubre co seu telescopio toda unha serie de satélites de planetas, detalles da Lúa, ademais de ser un físico relevante  e defensor da teoría heliocéntrica. 

No recuncho do E.D.L.G reservamos un espazo para a ciencia porque...

        "EN GALEGO TAMÉN SE  FAI  CIENCIA"



AO LONGO DO MES DE NOVEMBRO FIXEMOS DIVERSAS ACTIVIDADES...