viernes, 31 de mayo de 2024

MODO GALEGO: ACTÍVAO

 A Radio Escolar do Agro do Muíño, RADIO  AGRO ONDA,  emite o seu derradeiro programa deste curso.

É un programa con distintas seccións. Si tedes un ratiño libre conectade premando a imaxe.  


                                                              


Este ano o proxecto do centro é Fauna e Flora de Galicia. O alumnado de 5º de Ed. Infantil fixemos un herbario de plantas medicinais despois de coñecer os beneficios de algunhas herbas.

Fixemos un programa de radio no cole, pois temos Radio Escolar  por se non o sabedes.

@s de 4 anos en colaboración co alumnado de 5º de Ed. Primaria gravamos para a sección: 

" REBOTICA".

Quedounos xenial!!!!!! Escoitade. ( Prema) 


MODO GALEGO: ACTÍVAO

 en 4º B fixemos un estudo da heráldica e toponimia dos nosos apelidos. E así quedou.



jueves, 30 de mayo de 2024

MODO GALEGO: ACTÍVAO

 Os nenos de 4º A cantan sobre a Flora e Fauna de Galicia.



MODO GALEGO:ACTÍVAO

 Nesta semana preguntaban se sabían algunhas palabras en portugués, e os nenos de 4 anos A algunhas saben e tamén un cachiño dunha canción.



MODO GALEGO: ACTÍVAO

 O Modo Galego deste xoves estivo moi animado e divertido. Ímolo comprobar.


                                                      
 

MODO GALEGO: ACTÍVAO

 O alumnado de 5º A de Ed. Infantil, aprenderon palabras de alimentos en galego e escribírinas na sua libreta de modo Galego.   E temos a mostra!!!!!




miércoles, 29 de mayo de 2024

MODO GALEGO: ACTÍVAO


 O alumnado de 3º B  traballou moito a LUISA VILLALTA e aquí deixaron a mostra.



MODO GALEGO: ACTIVO

 Os nenos e nenas de 4º B fixeron unha investigación sobre os lugares onde se fala o galego. Aquí queda recollido nesta foto a interpretación das bandeiras.

lunes, 27 de mayo de 2024

MODO GALEGO: ACTÍVAO

 Os nenos e nenas de 2º A presentan neste vídeo as palabras esquecidas e fermosas do galego.

viernes, 24 de mayo de 2024

MODO GALEGO: ACTÍVAO

 O alumnado de 3º A ven pisando forte co modo galego. Decidiu aprender As fontes de enerxía, tema de naturais, versionando unha canción e este é o resultado.



jueves, 23 de mayo de 2024

MODO GALEGO: ACTÍVAO

 O alumnado de 4º B visitou a praia da Aguieira. Comezaron cos movementos da Terra (rotación e traslación) e da Lúa e como inflúen nas mareas.



Palabras que estamos aprendendo:

volandeira, xibia, pedúnculo de alga e longueirón.




Lapas, volandeiras, xibias, berberechos, caracois, mexillón e ameixa.





                  Ostras, Bivalvo e ameixa.



Duna,cangrexo, pulga de area e alga.

MODO GALEGO: ACTÍVAO

 O alumnado de 3º C de Ed. Primaria ven disposto a amenizarvos o estudo.

Aprende os pronomes persoais  a ritmo de RAP co Modo Galego Activado.

martes, 21 de mayo de 2024

MODO GALEGO: ACTÍVAO

Os alumnos de 5º de Ed. Infantil traballaron moito.

 
Sementamos e plantamos flores, mirade...

Xogamos con memorias para aprender vocabulario de froitos e árbores da nosa contorna.

lunes, 20 de mayo de 2024

MODO GALEGO: ACTÍVAO

 Xa que hoxe iba de animais...
O alumnado do Agro do Muíño, de 4º de E. Infantil visita a Carballeira de Ventín e descobre moitos animais autóctonos: peto real, víbora, vacaloura, píntega, donicela, xoaniña, bubela, curuxa, bolboreta...

domingo, 19 de mayo de 2024

LETRAS GALEGAS 2024

 



Esta é a caricatura de Luisa Villalta, a quen se adica este ano as Letras Galegas.

Cada curso, a nosa compañeira, tamén Luisa, fainos unha caricatura da persoa á quen se lle rende homenaxe e incluímola no mural das Letras Galegas.


Este pictograma recolle a nosa idea do que facer en galego.


jueves, 16 de mayo de 2024

MODO GALEGO: ACTÍVAO

 

Os nenos e nenas de 4 anos A  falan galego!    Non hai máis que oilos.




MODO GALEGO: ACTÍVAO

 


En 4º B cada neno e nena elexiu unha palabra para enfatizar en galego.







                      

 SEREGRAFÍA DE LUISA VILLALTA


miércoles, 15 de mayo de 2024

MODO GALEGO : ACTÍVAO

 

O alumnado de 4º de Ed. Infantil canta unha canción sobre a choiva para o 
Modo Galego: actívao.  " Parece que vai chover"

MODO GALEGO: ACTÍVAO

 As nenas e nenos de infantil 4 anos A na negociación do Modo Galego: actívao, pediron unha libreta e que mellor sitio para pegar o seu vinilo do logo que na 1ª folla. Estreárona con palabras que están aprendendo.

 



RAP DA COLOCACIÓN DOS PRONOMES

 Se os pronomes queres aprender a colocar este Rap podes cantar.


martes, 14 de mayo de 2024

MODO GALEGO: ACTÍVAO

 BRAIS DAS HORTAS


Hoxe 14 de maio veu ao CEIP  Agro do Muíño o artista Brais das Hortas a activar connosco o MODO GALEGO. Aquí deixóvos a proba do ben que o pasou a rapazada.



HERBARIO AGRO DO MUÍÑO

 


Este foi o froito dun traballo feito durante todo o curso. En colaboración coas familias, o alumnado saiu ao campo a recoller plantas, prensóunas e así que estaban ben secas pegáronas nun modedelo dado e cubriron toda a información que se pedía.

Se queres ver o resultado prema na imaxe.

jueves, 9 de mayo de 2024

FLORA E FAUNA DE GALICIA


O alumnado do Ceip Agro do Muíño investigou e aprendeu moito sobre a flora e fauna da nosa contorna.

 Este é o seu traballo .  Prema na foto.