sábado, 13 de marzo de 2021

LETRAS GALEGAS 2021



PRIMAVERA DAS LETRAS.

" Cando as flores, na primavera tamén agroman as letras..."

- A Real Academia das Letras Galegas ven de proporcionar este enlace de recursos para aprender algo máis de  XELA   ÁRIAS

( Prema na imaxe)

viernes, 12 de marzo de 2021

LETRAS GALEGAS 2021

O Día das Letras Galegas 2021 será para XELA ARIAS.

A Real Academia acorda rendirlle homenaxe a " unha voz singular, transgresora e comprometida" como representante da xeración que renovou nos anos 80 a poesía galega e foi pioneira na tradución de clásicos.

Con motivo da elección pola RAG da poeta luguesa XELA ARIAS para as Letras Galegas 2021, reproducimos a entrevista que se publicou en La Voz o 25 de marzo de 1990   ENTREVISTA

lunes, 1 de marzo de 2021

A LUZ DE ROSALIA

 Actividade feita este mes de febreiro para homenaxear a ROSALÍA.

- Intervención poética en espazos urbanos do concello de Ames- 

O alumnado de Ed. Infantil e Primaria de todos os centros do concello encheron de versos de Rosalía as ruas de Bertamiráns e Milladoiro con estos soportes que se penduraron nas farolas. Desde o 22 de febreiro ata o 7 de marzo toda a veciñanza poderá gozar desta exposición urbana coa que se conmemora o aniversario da poeta.

Quedaron colocadas aproximadamente 130 lonas poéticas polas zonas urbanas.