Como todos os anos, o EDLG do cole, organiza o Concurso de Postais do Nadal.
Neste vídeo podedes ver a imaxinación do noso alumnado.
Como todos os anos, o EDLG do cole, organiza o Concurso de Postais do Nadal.
Neste vídeo podedes ver a imaxinación do noso alumnado.
LEEDE OS RELATOS DOS ALUMNOS DO AGRO DO MUIÑO
UN MONSTRUO DO MEDIEVO NO CAMIÑO DE FISTERRA E MUXÍA
Estades a punto de introduciros nun territorio mítico e descoñecido, nun mundo de lenda e misterio, nunha época de cambios e descubrimentos para a humanidade. Un obispo, Mártir de Arzendján, un monstruo e as enigmáticas terras de Dumbría forman parte dun relato que os fará recorrer estos lugares con cuidado e precaución.
25 N - No Ceip Agro do Muíño abriuse
Os nosos alumnos e alumnas traballaron o tema e este é o resultado. Prema!!!
Desde que no ano 2001, a UNESCO declarou o 10 de Santos como Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento,
novembro pasou a ser para todos nós o Mes da Ciencia. En consonancia con isto, desde hai once anos o profesorado de Galicia comezou a celebrar en novembro o Mes da Ciencia en Galego.
O obxectivo desta conmemoración é o de mostrar que a lingua galega é útil e tan válida como calquera outra para facer pescuda, ensino e divulgación científica.
SAMAÍN
Entre o 31 de outubro e o 1 de novembro celebrouse esta festividade de tradición CELTA, que marca o remate da tempada de colleita e o comezo do inverno.
A proposta para este curso foi a elaboración dun sendeiro con BASTÓNS de peregrinos coa cabaza característica destes e que quedarán durante un tempo expostos no exterior do centro.
OS NOSOS BASTÓNS ( PREMA e mira o noso traballo)
Dentro das actividades organizadas sobre O Camiño de Santiago fíxose unha
" GUÍA DE PEREGRINO DO CONCELLO DE AMES"
(PREMA e verás o noso traballo)
Cada nivel traballou unha parte do patrimonio:
Educación Infantil:
3 ANOS.- LAVADOIROS
4 ANOS.- FONTES
5 ANOS.- PONTES
1º Ed. Primaria.- CRUCEIROS
CURSO 2019-2020
Novo curso, novo proxecto, ainda que este terá unha duración de dous cursos académicos.
Decidimos adicar o proxecto ao CAMIÑO DE SANTIAGO, aproveitando que estamos ás portas do " XACOBEO 2021"
1. O CAMIÑO PORTUGUÉS
2. O CAMIÑO DE FISTERRA
dado que os dous pasan polo concello de Ames. Así descubriremos a xeografía, a cultura, a gastronomía, a historia e moitas cousas máis destes camiños.
Como sabedes este luns comeza a SEMANA DAS LETRAS GALEGAS e dende o EDLG gostaríanos propoñer, aos aumn@s de primaria do noso centro, facer un poema partindo do título: “Contáxiome co GALEGO. Coróome como poeta”.
No conto de Carvalho Calero “As pitas baixo a choiva ”, o poeta observaba nun serán, detrás dunha fiestra, como se mollaban as pitas. Nós toda esta tempada vivimos a nosa vida a través das nosas ventás. Así que toca soltar a vosa imaxinación e recrear nun poema os vosos sentimentos, estados de ánimo, emocións deses días sen poder saír... Os poemas que creedes, ilustrádeos e pegádeos nas vosas fiestras. Antes podedes facerlle unha foto ou escanealo e mandarllo aos vosos/as titores/ titoras.
Antes de comezar a facer o poema recomendo ler o contiño das pitas que está no blog de Normalización.
O Equipo docente de Infantil propuxo outra actividade cos seus alumnos, consistiu en elexir unha palabra en galego e decorala. Actividade chula e sinxela para os máis pequenos.
Si queres ver o resultado prema aquí.
Tamén se enviará o deseño da ficha co titulo para o poema, por se alguén o quere enviar como modelo.
Aproveito para recordarvos que no blogue de Normalización están colgadas as unidades didácticas do Seminario Galán ( aí está todo o que necesitades: video biográfico, unidades didácticas por cursos e un xogo online) e da coordinadora de Ferrolterra. e outra páxina titulada A primavera das letras que tamén ten recursos de Carvalho Calero.