Pretendemos a través deste blogue contribuír ao fomento da lingua galega na comunidade educativa e no contorno social.
miércoles, 18 de diciembre de 2019
lunes, 13 de mayo de 2019
LETRAS GALEGAS 2019
Preme na imaxe e poderás acceder á unidade didáctica de Antón Fraguas para todos os niveis.
MURAL LETRAS GALEGAS 2019
Os alumnos do noso centro fixeron unhas lasas ilustradas de poesía galega, xunto cos outros centros do concello de Ames. Fomos a colocalas no paseo fluvial este luns 13 de maio.
Si queres ver unhas imaxes prema en actividade 1.
ACTIVIDADE 2.- CERTAME LITERARIO INTERCENTROS CONCELLO DE AMES
O Ceip Agro do Muíño acadou tres premios.
1ª Categoría:
3º premio Mateo e Marcos 4º C
2ª Categoría:
1º premio Noa de Blas 6º A
3º premio Candela Vázquez 6º B
ACTIVIDADE 3.- FESTIVAL LETRAS GALEGAS
O día 16 de maio celebramos toda a Comunidade educativa o Festival das Letras Galegas. Comezaron os actos ás 11 da mañá co seguinte programa::
- RECITADO DO POEMA "O PIOLLO E A PULGA" DE ANTONIO FRAGUAS ALUMNADO DE 2º DE PRIMARIA.
- TEATRO ED. INFANTIL. CARAPUCHIÑA VERMELLA E OUTROS CONTOS (ADAPTACIÓN MERCEDES MOURE)
Canción: " A vella tiña un gato"
Himno galego
Representación " Carapuchiña vermella"
viernes, 3 de mayo de 2019
jueves, 21 de febrero de 2019
GALA DE ROSALÍA
O 24 de febreiro na Casa da Cultura de Bertamiráns terá lugar A Gala- Homenaxe a Rosalía. O Ceip Agro do Muíño contribuirá con un recitado de un poema de Rosalía " Quíxenche tanto meniña" e unha actuación con un poema de Luis Pimentel dedicado a Rosalía.
Si queredes ver algun recitado de poemas facede click nos videos:
Si queredes ver algun recitado de poemas facede click nos videos:
VIDEO 1VIDEO 2VIDEO 3
miércoles, 6 de febrero de 2019
DÍA DE ROSALÍA- 24 febreiro -
Rosalía de
Castro, foi unha gran escritora en prosa
e verso.
Era unha
muller comprometida coa época na que viviu,
a través dos seus escritos denunciou os problemas aos que estaba
sometida a muller do Siglo XIX.
miércoles, 23 de enero de 2019
XOGAMOS COAS PALABRAS NO AGRO DO MUÍÑO
Queremos aumentar o vocabulario en galego do noso alumnado. Este luns empezamos unha nova actividade:
Cada semana aparecerán na cortiza do EDLG tres definicións e os alumnos terán que adiviñar de que palabras se tratan. Así que o fagan os seus titores traballarán con elas durante toda a semana e así sucesivamente ata que se termine o abecedario e se faga o seguinte.
Comezamos con este: A.- Aloumiño B.- Bagoas C.- Coxegas D.- Decotío E.- Enxebre F.- Folerpa
G.- Galopín H.- Harmónica I.- Isca L.- Lóstrego M.- Meigallo N.- Nocello Ñ.- Carantoña O.- Olleiras
P.- Pedrazo Q.- Quincalla R.- Reirrei S.- Serán T.- Tixola U.- Ulir V.- Vacaloura X.- Xato Z.- Zoco
Intentádeo vos. Aí van as tres primeiras definicións.
1.- Utensilio de cociña, metálico, de forma redonda, pouco fondo e mango largo no que se friten os alimentos.
2.- Que comete pequenos enganos ou fraudes co habilidade e sen malicia.
3.- Acción máxica que provoca algún acontecemento ou certos efectos nunha persoa, nun animal, etc, polo xeral negativos.