miércoles, 23 de enero de 2019

XOGAMOS COAS PALABRAS NO AGRO DO MUÍÑO



Queremos aumentar o vocabulario en galego do noso alumnado. Este luns empezamos unha nova actividade:
Cada semana aparecerán na cortiza do EDLG tres definicións e os alumnos terán que adiviñar de que palabras se tratan. Así que o fagan os seus titores traballarán con elas durante toda a semana e así sucesivamente ata que se termine o abecedario e se faga o seguinte.
Comezamos con este: A.- Aloumiño B.- Bagoas C.- Coxegas D.- Decotío E.- Enxebre F.- Folerpa
G.- Galopín H.- Harmónica I.- Isca L.- Lóstrego M.- Meigallo N.- Nocello Ñ.- Carantoña O.- Olleiras
P.- Pedrazo Q.- Quincalla R.- Reirrei S.- Serán T.- Tixola U.- Ulir V.- Vacaloura X.-  Xato Z.- Zoco

Intentádeo vos. Aí van as tres primeiras definicións.

1.- Utensilio de cociña, metálico, de forma redonda, pouco fondo e mango largo no que se friten os alimentos.
2.- Que comete pequenos enganos ou fraudes co habilidade e sen malicia.
3.- Acción máxica que provoca algún acontecemento ou certos efectos nunha persoa, nun animal, etc, polo xeral negativos.