miércoles, 22 de mayo de 2013
RADIO AMES. A POESÍA DE ROSALÍA
jueves, 25 de abril de 2013
LETRAS GALEGAS 2013
Este ano dedícase o día das Letras Galegas a Roberto Vidal Bolaño. (Santiago de Compostela, 1950 - Santiago de Compostela, 2002), foi escritor e actor de teatro.
Prema na caricatura para acceder a información e actividades da páxina de Bibliotecas Escolares de Galicia.
jueves, 21 de febrero de 2013
miércoles, 20 de febrero de 2013
viernes, 8 de febrero de 2013
Dentro do proxecto "Tradición e Modernidade na Música Galega" o Equipo da Biblioteca programou o traballo do texto descritivo para o primeiro trimestre.
O alumnado de todo o Centro traballou por cursos ou niveis, as partes e a descrición de diferentes instrumentos da tradición galega: pandeireta, zanfona, clarinete, requinta, charrasco, cunchas, birimbao, gaita... Unha vez rematados expuxémolos nos corredores do cole para disfrute de toda a Comunidade Educativa.
Este tipo de actividades ademais de afondar nos valores máis populares da nosa cultura servenos para recoñer a riqueza de vocabulario, a sensibilidade e a dozura das palabras da nosa lingua, que se transforman en pequenas bolboretas dando reviravoltas no ar, nos beizos dos nosos cativos.
Damos as grazas ao Equipo de Orientación do Centro pola axuda prestada no monográfico: O TEXTO DESCRITIVO e tamén a axuda para o traballo de investigación de Pablo Carpintero Arias
PASADE E VISIONADE O VIDEO CON MÚSICA DE MILLADOIRO, ILA VAI Ó MAR, DO DISCO A GALICIA DE MAELOC COMPARTIMOS A ESENCIA DA NOSA MÚSICA.